Ante a noticia de que Navantia conseguiu o contrato da construción do flotel, ANOVA, califica o feito como unha boa noticia para a comarca e para os traballadores: 450 evitarán engrosar as listas de desemprego.
Ademáis indican nun comunicado que a consecución do dique flotante segue a ser a ferramenta imprescindíbel de garantía de traballo no curto prazo (segunda pata da mesa xunto co flotel) que permita manter aberta a esperanza de futuro para o naval.
Tamén apelan aos axentes económicos e sociais a procurar unha estratexia común que impida prorrogar o veto a construcción en Fene e a limitación de Navantia Ferrol, e abra as portas a unha nova política económica e industrial que teña como eixo a construción civil no naval.