Arrancan en San Sadurniño os actos conmemorativos do 40 aniversario do colexio público

san-sadurniño-escola-40

O próximo 10 de decembro, fanse 40 anos desde que abriu as súas portas o colexio público de San Sadurniño para acoller todo o alumnado que se encontraba esparexido polas unitarias do municipio, así como parte de Doso e Pedroso. A actual dirección do centro e o Concello colaboran na organización de varios actos.

No día de hoxe día 30, arrancan en San Sadurniño os actos conmemorativos do 40 aniversario do colexio público. A partir das 20 h. actuarán na Casa da Cultura os grupos Évolet e Vodevil, formados por antigos alumnos.Vodevil naceu no 2010 e descríbese como unha banda de pop-rock en español. Está formada por Uxío Ferló, Javier López e Julián Martínez, quen compartirán velada con Évolet. Este último encádrase no rock, aínda que -como eles mesmos din- con pinceladas de pop e fun.

A música deste sábado daralle paso o martes 10 de decembro ás 17.45h. na Casa da Cultura unha mesa redonda-coloquio sobre a historia do centro e tamén sobre a evolución da educación nestas últimas catro décadas.

En colaboración co centro, o Concello convocou un concurso de murais para decorar o muro perimetral do colexio. Finalmente só se presentou unha proposta achegada por Llanos Luaces, que se encargará de plasmar o seu deseño e de facer a maiores outro mural no que quede reflectido o 40 aniversario.

Ademais, ata o 18 de decembro permanece aberta na casa da Cultura unha exposición fotográfica na que se repasan momentos vividos nas aulas durante todos estes anos. As imaxes xuntáronse a partir do arquivo do centro e das achegas de varios mestres, algúns deles xa xubilados.

 

 

Lea también

San Sadurniño programa actividades varias con motivo do 25N

O 25 de novembro é a data elixida para reivindicar en todo o mundo a …