O BNG enviou un comunicado aos medios de comunicación referente ao sector naval e os floteis no que sinala que «para o Bloque Nacionalista Galego, o novo anuncio no retraso do concurso para a adxudicación dos floteis evidencia de novo o engano e o obxectivo perseguido por parte da administración do Estado coa complicidade do concello de Ferrol e da Xunta de Galiza para liquidar o sector naval na ría de Ferrol.
Iván Rivas, portavoz municipal do BNG de Ferrol, sinalou que tanto a Xunta de Galiza como o Concello de Ferrol deben abandonar o seu silenzo fronte ao immediato proceso de prexubilacións e despidos e amosen a súa oposición frontal a novo plan de reestruturación da empresa previsto no informe de xestión da propia empresa, co fin de evitar a descompensación da plantilla dos estaleiros de Ferrol de modo que queden inutilizados, do mesmo modo que aconteceu co estaleiro de Fene, e demandar por tanto que non se amoritice un só posto de traballo para que o estaleiro poida ter capacidade para desenvolverse en todos os ámbitos do sector naval.
Compre, ademáis, demandar dunha vez por todas que os estaleiros da ría poidan producir calquera tipo de buque sen impedimentos nen prohibicións políticas como a limitación para o sector civil do 20% da construción militar do estaleiro de Ferrol ou o impedimento de actuar no ámbito civil do estaleiro de Fene, e compre que a Xunta de Galiza deixe de actúar de maneira cínica e solicite a súa integración no consello de administración da empresa co fin de defender un dos principais sectores produtivos de Galiza».