O xoves día 26 ás 19.30 horas, proyectarase no Ateneo Ferrolán un documental sobre a figura de Alexandre Bóveda, de Senén Outeiro, e que será presentado por Bernardo Máiz.
A «Fazaña da libertade» é un documental que amosa o periplo vital dun dos personaxes mais influintes e tamén más descoñecidos para a inmesa coleitividade de Galiza.
Un documental que reconstrúe a vida e actividade de Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Segredario Xeral do Partido Galeguista e ante todo, bon e xeneroso, “entregado á causa galega”, como el gostaba dicir.
Escomezando no seu Ourense natal donde Bóveda nace, é mozo e fai-se home, ate a chegada á súa “amada Pontevedra” e posterior exilio, e finalmente o dramático final do protagonista, » A fazaña pola libertade» é concebida coma unha visión áxil pero sen deixar de afondar no conflicto.
Esta obra biográfica será sempre acompañada dunha explicación do contexto histórico, lugares, axentes e causas que diseñaron o espazo e o tempo de Alexandre Bóveda. Representando así a unha das etapas mais floridas e emocionantes da historia contemporánea Galega.