O BNG fai un chamamento a participación no acto «Por unha Patria soberana» a celebrar en Santiago o día 15

bng-bandera

 

O Consello Comarcal do BNG enviou un comunicado aos medios de comunicación no que » fai un chamamento amplo e aberto á mobilización nacional que se vai desenvolver o vindeiro dia 15 ás 12 en Compostela, baixo o lema POR UNHA PATRIA SOBERANA; e diríxese especialmente aos milleiros de veciñas e veciños que están a padecer o desmantelamento dos nosos sectores produtivos – nomeadamente, o naval – e unha elevadísima taxa de desemprego, acompañada dunha sangría permanente da xente nova. Unha situación derivada, da falta de capacidade de decisión de Galiza para implementar políticas que axuden a desenvolver o pais, conquistar a xustiza social e construir a democracia.

 

 

Taxa de paro na  nosa comarca

O BNG de Ferrolterra quere lembrar que a taxa de paro da nosa comarca está por riba da de ocupación, e representa a pior de toda Galiza; situada en porcentaxes superiores ao 30%. Unha situación que, en paralelo, vai acompañada dunha falta de vontade política por reclamar a capacidade de decisión que permita articular solucións e propostas que nos permitan defender e desenvolver as nosas capacidades produtivas, nomeadamente o naval, que representa un sector estratéxico para o futuro da comarca.

Os problemas da nosa comarca non derivan, contrariamente ao que se nos pretende convencer, da actual situación de crise; senón dos vetos e impedimentos para producir, de decisións políticas alleas e da falta de capacidade de decisión dos poderes públicos galegos. Por iso, a reclamación da soberanía, da capacidade de decisión, representa para o conxunto da cidadanía comarcal un obxectivo concreto que tén a ver co direito a vivir e traballar dignamente na propia terra. Por iso, pensamos que a manifestación do vindeiro dia 15 é tamén a manifestación pola defensa da nosa comarca.

Servizo de autobuses

Aos efectos de favorecer a participación das persoas que o desexen, o BNG disporá dun servizo de buses que se trasladará desde diversos lugares da comarca para todas as persoas que queiran participar. A saída será ás 10 h. do Teatro Jofre, en Ferrol, pasando por Fene e Vilar do Colo; regresando ao remate da manifestación. O prezo é de e euros, e o prazo para apuntarse remata o vindeiro dia 13 ao mediodía no teléfono 981364058.

 

 

 

Lea también

Psoe Ferrol urxe a reparación e mantenemento dos espazos culturais

A concelleira socialista Montserrat Dopico insta ao goberno de Rey Varela «a acometer as obras …