Diego Calvo apoia a xornada de recreación da malla tradicional en Cerdido

diego calvo-cerdidoO presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, acudiu á recreación da malla tradicional que se celebra cada ano na parroquia de Os Casás, en Cerdido.

Alí puido comprobrar a implicación das persoas que traballaron na posta en marcha desta iniciativa, onde participaron máis dun centenar de traballadores ataviados cos traxes típicos da malla.

En total, segundo lle explicou a alcaldesa ao presidente provincial, nas actividades organizadas durante a xornada estaba previsto que tomaran parte máis de 500 persoas, xa que ademáis da recreación da malla, houbo tempo tamén para unha exposición de maquinaria agrícola e de vehículos antigos.

Durante a súa visita, Calvo gabou a grande importancia deste tipo de xornadas, xa que significan “unha mostra máis do respecto que temos os galegos hacia as tradicións e, sobre todo, hacia o traballo dos nosos maiores”.

Acompañado pola alcaldesa, Ana Rodríguez, e outros membros do goberno local de Cerdido, o presidente da Deputación Provincial tamén puido coñecer o estado das obras da nova nave municipal que se está a construír na parroquia de Os Casás grazas a unha axuda da Deputación de 105.000 euros.

Esta nave será utilizada para gardar todo o material de uso agrícola do Concello e tamén para acoller as pezas antiguas que foron restaurantdas durante os últimos anos por unha asociación do municipio e que, segundo dixo Calvo esta mañá, “teñen moitísima importancia porque recollen a historia dos últimos séculos deste municipio.

 

 

Lea también

Cita este domingo en Valdoviño en la Puerta del Sol con el Feirón mensual

Jóvenes de 4º de la ESO del CPI Atios participan con un puesto de venta …