O grupo municipal socialista esixe que se asuma o compromiso plenario con San Xoán-Bertón

psoe-logoO Grupo Municipal Socialista, a través do seu concelleiro Jaime Pena, insta ao alcalde a que asuma o compromiso plenario relativo a San Xoán-Bertón, acadado en outubro do ano pasado, e tome as medidas necesarias para solucionar as deficiencias máis urxentes detectadas no barrio.

Así, os e as socialistas súmanse e solidarízanse coas demandas dos veciños e veciñas do barrio, lembrando a necesidade de solucionar un conxunto de problemas detectados no barrio de San Xoán-Bertón, algunhas disfuncións e a falta de cobertura dalgúns servizos básicos, dende ausencia de beirarrúas en estradas con tránsito preto de colexios, ata a súa non inclusión na política descentralizadora dos contidos socioculturais.

Por todo elo, o Grupo Municipal Socialista propuxo diversas medidas na devandita moción, que acadou o acordo de toda a corporación municipal, sendo estas o proceder á dotación dunha caldeira para o local social conveniado coa deputación da Coruña e arranxar os problemas de ausencia de ventilación do mesmo; dinamizar o local social do barrio organizando actividades socio-culturais no mesmo; remodelación do parque infantil anexo a asociación de veciños; arranxo dos perigosos baches da rúa Basanta e terminación das beirarrúas; beirarrúas do Espiño; supresión do tapón da rúa Río Xubia confluencia Manuel Belando; finalización da urbanización da Rúa Campo de Chao; e remodelación da Praza Rosalía de Castro. Ao que temos que engadir as últimas denuncias da Asociación de veciños sobre o mal estado no que se atopan diversas rúas e camiños, como Souto, Espiño, Basanta, Campo de Chao, Carricoa o Río do Toxo, entre outros.

 

 

Lea también

Sabores de outono, cita gastronómica con premio en el barrio ferrolano de Ultramar

  Este fin de semana tendrá lugar en el barrio de Ultramar la primera edición …