O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol desenvolveu na mañá desde sábado, día 3, un acto reivindicativo baixo o lema “Monteventoso é do Pobo. Non ao rubo de Defensa” no que máis de 30 veículos circularon en caravana até o observatorio metereolóxico de Monteventoso onde o portavoz municipal do BNG, Iván Rivas, afirmou que o BNG realizaba esta acto para manifestar a oposición do BNG ao permanente expolio do Ministerio de Defensa coas propiedades desafectadas e esixir a reversión gratuita destas propiedades.
Iván Rivas, denunciou que» o novo convenio anunciado polo Goberno Local co Ministerio de Defensa supón o asalto directo as arcas municipais mediante o pago de 500.000 € por Monteventoso e a estación radio de Mandiá. Terreos que eran propiedade dos veciños e veciñas do concello de Ferrol aos que se lles obrigou a cederllos ao estado e ao propio Ministerio de Defensa , como se lles obrigou a construir as edificacións existentes, como as que están detrás do muro do arsenal, e que foron pagadas cos impostos dos veciños e veciñas do noso concello e da comarca».
O BNG considera que agora con estes terreos e estas edificacións o Estado pretende especular e conta coa colaboración dos últmos gobernos municipais mediante «o silencio cómplice de todos os partidos estatais. Precisamente agora nun momento no que a esta cidade se lle estan desmantelando todos os sectores produtivos no que se eliminan todas as conexións ferroviarias que existen, no que estamos nun permanente descenso poboacional no que ademais temos un problema fundamental e estrutural de ingresos debido a que o Ministerio de Defensa posue máis do 20% do solo urbano do Concello e este concello non recibe nada por esta ocupación non pagan ningun tipo de imposto nin o Concello recibe nada por estes terreos «
Iván Rivas, manifestou, que «queremos reclamar que todas estas edificacións revirtan nos seus lexitimos donos e lembrou que Monteventoso e o resto de edificacións militares son dos veciños e veciñas desta cidade por iso reclamamos que o Goberno Central pague pola ocupación de tanto territorio e de tantas edificacións neste concello».