Inmediato inicio das obras de acondicionamento da avenida «Médico Cebreiro» en Neda

escudo_de_nedaO Concello de Neda anunciou na mañá deste martes, día 23, o próximo inicio das obras de acondicionamento da Avenida Médico Cebreiro ao seu paso baixo o viaducto da autoestrada AP-9.

Os traballos permitirán solucionar os afundimentos que se rexistran na zona, co conseguinte perigo para peatóns e conductores, e darán comezo o próximo luns, 29 de xullo. Así mesmo, e grazas ás xestións realizadas polo alcalde da localidade, Ignacio Cabezón Lorenzo, Audasa, concesionaria da autoestrada e competente na materia, asumirá a intervención.

O pasado mes de abril, Ignacio Cabezón mantiña unha xuntanza de traballo en Santiago co Xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Antonio López. Na mesma, o rexedor solicitaba a colaboración e intermediación da Xunta de Galicia con Audasa para resolver os problemas que se rexistran na Avenida Médico Cebreiro, provocados pola acumulación de auga procedente desta infraestructura e o grave deterioro das canalizacións ubicadas na zona. Ante esta situación, técnicos do departamento autonómico realizaron unha visita de supervisión para valorar in situ a problemática e poder plantear unha solución viable. Esta pasa pola construcción de novas canalizacións, implantando unha rede separativa de pluviais e fecais.

Así, na mañá desde martes , técnicos de Conservación de Estradas da Consellería de Medio Ambiente levaron a cabo unha última visita á zona, previa ao inicio dos traballos, co ánimo de informar ao concelleiro de Obras de Neda, Paco Ibón, dos detalles da intervención. Por último, sinalar que o prazo de execución estimado da actuación é duns dez días.

 

 

 

 

 

 

Lea también

O Novembro, mes do humor continúa co espectáculo Eran elas de Avelino González

O Museo do Humor Xaquín Marín de Fene acolle este venres 22 de novembro, a …