Importancia asistencia de nenos á ludoteca de Ares

ludotecaDende o pasado día 1 está funcionando  cun importante número de nenos e nenas inscritos a ludoteca de Ares. De feito, son 30 os pequenos que fan uso deste servizo orientado fundamentalmente a conciliar a vida familiar e laboral das súas nais e pais; conciliación que ten unha especial dificultade durante os meses de vacacións escolares.

Eugenio Fernández Lago, concelleiro de cultura, indicou que este servizo estará operativo en horario de nove da mañá a dúas tarde, de luns a venres, ata o 30 de agosto, se ben asegurou que podería continuar durante o inverno se existira a demanda suficiente.

Os nenos e nenas están atendidos por dous monitores, que fan con eles diversas actividades no local adicado a este fin, isto é a antiga aula de informática –na avenida Federico García Expósito- e tamén fóra destas instalacións para que os pequenos e pequenas disfruten do aire libre nestes días de verán.

 

Lea también

Un veterinario queda inconsciente tras recibir la coz de una vaca en Mugardos

Un veterinario ha quedado inconsciente este martes tras recibir la coz de una vaca mientras …