O BNG acusa ao goberno local de ter paralizada a comarcalización do servizo de bombeiros

bomberosO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol urxiu na mañá deste xoves, día 6, ao goberno de Rey Varela a que axilice os trámites para a comarcalización  do servizo de bombeiros e de conta das causas que impiden que se asine o convenio comprometido co Consorcio Provincial contra Incendios.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, reiterou que a comarcalización do servizo de bombeiros é fundamental para o Concello de Ferrol e os do resto da comarca, xa que se trata de asegurar e mellorar o servizo ademais de garantir o mantemento dos postos de traballo no parque local. Así mesmo, instou ao alcalde da cidade, Rey Varela, a dar conta da situación real na que se atopa este dous convenios comprometidos polo seu goberno.

O BNG acusa ao goberno local de non ter desenvolvido este compromiso público, de decembro do ano pasado, consistente na sinatura dun convenio co Consorcio Provincial contra Incendios (integrado pola Xunta e a Deputación) para atender o ámbito xeográfico do que hoxe é a Mancomunidade, e cuxo financiamento ía correr a cargo do Consorcio Provincial cunha cantidade aproximada de 250.000 euros.

 

 

 

 

 

 

Lea también

Adjudicado el servicio de arqueología de la fase de Esteiro de ‘Abrir Ferrol ao mar’

El pasado viernes se empezaba a tirar la muralla del Arsenal en la calle Irmandiños …