A Deputación colabora un ano máis co Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

diputacion-festivalO  presidente da  Deputación, Diego Calvo, asinou na tarde deste martes, día 4, xunto ao  alcalde de  Ortigueira, Rafael Girón, un convenio que pon de manifesto o  compromiso  da institución provincial co Festival Internacional do Mundo  Celta que  se celebra na vila.

Este  ano, cando se  cumpre a XXIX edición deste encontro musical, a  Deputación aposta de  novo pola colaboración co festival achegando unha  axuda de 80.000  euros, o maior patrocinio que recibe o evento, para  contribuír aos  gastos de organización, que suman un total de 300.000  euros.

En  concreto, o apoio da  Deputación irá destinado a sufragar parte dos  gastos das actuacións  musicais e contratacións artísticas; o aluguer de  infraestruturas; os  gastos de aloxamento e manutención; a publicidade e  promoción do  evento; o traballo de Protección Civil e a seguridade  privade; os  servizos xerais e infraestruturas; ou os servizos de prensa,  vídeos  oficiais ou servizos externos.

Tras  a firma do  convenio, o alcalde Rafael Girón agradeceu o apoio económico  da  Deputación á celebración do mítico festival, xa que, segundo dixo,   “sigue a ser o grande referente da nosa vila e poder mantelo, con   entrada gratis para todos os que queiran asistir, é moi importante para   nós”.

Pola súa banda, Diego   Calvo salientou o feito de que “estamos a apoiar un festival de música   moi importante pero, sobre todo, estamos ante un dos grandes   acontecementos culturais e turísticos da provincia”. Asegurou ademais   que o Festival Internacional do Mundo Celta chega a todos os recunchos   do planeta, xa que “creo que a estas alturas xa ninguén dubida do   reclamo que supón para amantes do folk de todo o mundo”.

Lea también

“As Pontes, Terra de Cogomelos” premia ós mellores cociñeiros de Galicia

O xurado decidirá o próximo sábado 30 de novembro nun evento de portas aberta ao …