O concello presenta un concurso musical que premia á mellor voz

borja- concursoA Concellería de Xuventude do Concello de Ferrol, dirixida por Borja Carro Muñoz, presentou este luns, día 25, o concurso musical “Canta Ferrol”. Esta iniciativa busca premiar a mellor voz de Ferrolterra mentres desenrola unha actividade de ocio da que pode gozan de balde o colectivo xuvenil.

No concurso poden participar rapaces de entre 12 e 18 anos que estuden nalgún centro educativo de Ferrolterra. Os participantes presentaranse como candidatos do seu centro escolar, tendo o mesmo a posibilidade de contar cun rapaz na final. Os interesados deberán, antes do 31 de marzo, enviar un video ou audio cantando unha canción ao correo electrónico cantaferrol@gmail.com, no que deberán incluír os seguintes datos persoais: nome, apelidos, idade, colexio ou instituto no que estuda, curso, cidade na que vives e un teléfono de contacto. O concurso premia a mellor voz, polo que só poderán presentarse cantantes solistas.

O edil de Xuventude sinalou que “a día de hoxe a iniciativa conta con máis de 45 centros inscritos” e salientou a gran colaboración que están a ter por parte do persoal docente dos centros posto que están a facer unha importante labor de difusión motivando aos seus alumnos a participar no concurso. “Promocionar o talento e a creatividade dos rapaces da nosa cidade e da nosa comarca” destacou Carro Muñoz coma unha das finalidades do concurso.

De entre todos os vídeos enviados antes do 31 de marzo escollerase un representante de cada instituto participante. Os seis finalistas serán chamados persoalmente o luns 1 de abril e durante esa semana levarase a cabo unha reunión para explicar paso a paso o que teñen que facer e axudarlles en todo o que necesiten.

Día da gala final

A final realizarase o sábado 6 de abril ás 18:00 horas na praza de Amboaxe. Os finalistas defenderán a súa canción en directo diante de todo o público asistente e o xurado. O xurado profesional estará composto por tres participantes de “La Voz”, exitoso programa musical de televisión, que cantarán varios temas o día da gala final. Un xurado será o encargado de outorgar 6 dos 10 puntos que obterá cada candidato; os restantes 4 puntos quedarán á elección do público asistente.

O gañador do concurso contará con tres premios: un cheque en efectivo de 300 euros, un vale de compra por 150 euros para gastar nas tendas asociadas á tarxeta de fidelización do comercio de Ferrol e un curso de formación musical. Ademais, o centro de ensinanza polo que se presenta o gañador e todos os seus alumnos gozarán dun premio colectivo que consiste nunha charla ica sobre os valores positivos que se poden alcanzar a través da música e un concerto de balde nas instalacións do centro dun dos cantantes do programa “La Voz” que formou parte do xurado do concurso.

 

 

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …