Luns carnavaleiro: 11 de febreiro
– A partir das 17.00 horas, pasarrúas das comparsas formadas por grupos mínimo de 5 persoas; punto de encontro na praza do Mercado.
– A partir das 18.00 horas, actuación das comparsas que teñan algunha canción (máximo dúas cancións por grupo); sorteo de dúas cestas con productos típicos do entroido entre os/as participantes das comparsas.
– A partir das 18.30 horas, Festa de disfraces, amenizada polo grupo NOVA ONDA.
– A partir das 19.00 horas, todas aquelas persoas que queiran participar na elaboración de doces típicos do entroido: orellas, freixos, buñuelos, … etc., levaran os doces á praza do Mercado, co seu nome, e entraran no sorteo de dúas cestas.
– A partir das 20.00 horas, degustación dos doces presentados.
– A partir das 20.30 horas, sorteo de dúas cestas con productos típicos do entroido entre os/as adultos disfrazados/as.
Martes de larpeiradas do entroido: 12 de febreiro
A partir das 20.00 horas, na praza do Mercado reparto de orellas e chocolate ó prezo de 1€ por ración.
Mércores, 13 de febreiro: Enterro da sardiña
A partir das 18.00 horas: Encontro na praza do Mercado, para acompañar o entroido a súa queima, que será na praza do Concello.