O candidato ao Senado pola Coruña, José M. Rey Varela, desenvolveu un acto de campaña no mercado da Magdalena de Ferrol

Rey Varela: “Se queremos un cambio só hai unha opción: Alberto Núñez Feijóo.

José Manuel Rey Varela, no reparto de información electoral no mercado da Magdalena en Ferrol | foto PP

O candidato número un ao Senado pola provincia da Coruña, José Manuel Rey Varela, fixo este venres un chamamento de cara á xornada electoral do vindeiro 29 de novembro, apelando á mobilización da cidadanía e á importancia de cada voto.

“Se queremos un cambio, ese cambio ten un nome: Alberto Núñez Feijóo”, afirmou Rey Varela, e defendeu que o Partido Popular representa a alternativa política ao actual Goberno de Pedro Sánchez. Así, sinalou que o apoio ao proxecto liderado por Feijóo permitirá abrir unha nova etapa política e favorecer unha maior coordinación institucional entre Ferrol, a Xunta de Galicia e o Goberno de España.

José M. Rey Varela, no reparto de información electoral no mercado da Magdalena en Ferrol | foto PP

O candidato popular advertiu de que a participación será determinante e lembrou que, nas anteriores eleccións xerais, unha diferenza de poucos votos permitiu a continuidade de Pedro Sánchez na Presidencia do Goberno. “Non podemos quedar na casa nin pensar que o noso voto non conta. Cada voto é importante e cada decisión ten consecuencias”, subliñou. Ao tempo que manifestou “sei moi ben o que é gañar as elecciónes e non gobernar por uns poucos votos, por dividir o voto e que algúns non se traduzan en deputados, e isto non pode pasar o 29N”.

Rey Varela contrapuxo dous modelos políticos: a continuidade de Pedro Sánchez ou o cambio liderado por Alberto Núñez Feijóo. “Queremos un Goberno que se preocupe polos problemas reais da xente; que ofreza oportunidades aos nosos mozos, que facilite o acceso á vivenda, que apoie ás familias, que coide dos nosos maiores e que garanta uns servizos públicos de calidade, e isto é o que fará Feijóo durante os próximos catro anos”, afirmou.

José M. Rey Varela, no reparto de información electoral no mercado da Magdalena este venres | foto PP

Por iso, o candidato ao Senado apelou á responsabilidade e á participación cidadá, lembrando que “o futuro depende de nós” e que, malia as dificultades e os atrancos rexistrados nestes días, entre eles que moitas papeletas non chegaron aos seus destinatarios, “é fundamental acudir ás urnas con alegría e esperanza”.

Neste sentido, Rey Varela animou á cidadanía a participar masivamente na xornada electoral do 29N, collendo a papeleta do Partido Popular para o Congreso e marcando as tres cruces nas candidaturas do PP ao Senado, co obxectivo de “encher as urnas de votos polo cambio”.

Lea también

O BNG reúnese con representantes do persoal das tres grandes empresas industriais con presenza na ría de Ferrol: Navantia, Reganosa e Megasa

O BNG mantivo este xoves unha reunión con representantes do persoal das tres grandes empresas …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.