Éxito de particiación na II edición de IMPULSA-T, a feira de emprendemento e emprego celebrada na UDC

O Campus de Ferrol acolle o 29 de outubro a cuarta edición da Feira de Empresas e Talento FESTALENT no pavillón Municipal de Esteiro.

Foto UDC

A Universidade da Coruña celebrou cun gran éxito de participación a segunda edición de IMPULSA-T, a feira de emprendemento e apoio ao emprego que busca conectar empresas e entidades co estudantado da UDC. Esta iniciativa pretende favorecer o coñecemento mutuo, explorar oportunidades profesionais e contribuír a activar o futuro laboral e emprendedor do seu alumnado.

Impulsada pola Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade e pola Vicerreitoría do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social da UDC, a feira conta coa colaboración da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

A xornada, que tivo lugar no Pavillón De Deportes do Campus de Elviña, foi inaugurada pola vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, Alsira Salgado Don; e contou coa participación da alcaldesa da Coruña, Inés Rey García; o concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego Vázquez e Matías Rajo Valverde, membro do Consello do Estudantado da Universidade da Coruña.

IMPULSA-T contou con catro espazos temáticos: IMPULSA-T, que reuniu as empresas participantes e ofreceu encontros directos, sorteos, recursos audiovisuais e un muro das ideas; COÑECE-T, que acolleu actividades de selección e formación a través do xogo, así como dinámicas propostas polas empresas participante; ACTIVA-T con actividades de formación, emprego, emprendemento e innovación orientadas a mellorar a preparación e a inserción laboral do estudantado e EMPRENDE-T, que permitiu o coñecemento de iniciativas emprendedoras xurdidas na UDC.

Entrega de premios X Spain Awards

Durante a xornada tivo lugar a entrega dos Santander X Spain Awards a Proxectos Emprendedores Universitarios 2026, do Santander X Spain Award | Startup Universitaria 2026 e dos premios da terceira edición dos Traballos de Fin de Estudos en Emprendemento da UDC.

Na categoría de Proxectos Emprendedores Universitarios 2026, as persoas gañadoras foron Mathías López Córdoba, con ValoraT, un proxecto que utiliza avaliacións cientificamente validadas para obter datos que, mediante intelixencia artificial, sexan aplicados á prevención da saúde; Victoria Porteiro Bertoa, con Nido, unha plataforma de e-commerce que ofrece videoxogos indie xunto a figuras coleccionables físicas e Blanca Riveiro López, con CNTEK, un proxecto consistente na fabricación de sensores para a detección de microplásticos.

Ademais, David Feijoo Villar acadou unha meción de honra polo seu proxecto “Uno más en casa”, unha iniciativa de intermediación e xestión da convivencia interxeracional.

Foto UDC

No que respecta á Startup Universitaria, o galardón foi para Eloy Vázquez, Florian Michaud, Urbano Lugrís e Javier Cuadrado, por MFES, unha Spin-off do Labaoratorio de Enxeñaría Mecánica do CITENI creada para transferir ao mercado os resultados da investigación biomecánica co movemento humano, a modelización musculoesquelética, a sensorización biomecánica e o deseño e evaliación de diapoaitivos de asistencia e exercicio.

Xa para rematar a quenda de recoñecementos, entregáronse os premios universitarios aos TFG, TFM e Teses de Doutoramento nas disciplinas de Ciencias, Ciencias da saúde, Ciencias sociais e xurídicas e Enxeñaría e arquitectura.

En Ciencias, Daniela García Piñeiro foi a gañadora na categoría de TFG/TFM; en Ciencias da Saúde, Manuel González Bermúdez acadou o primeiro premio pola súa Tese de Doutoramento e Tania María Sampayo Roca na categoría de TFG/TFM; en Ciencias Sociais e xurídicas, António Sérgio de Almeida Resende foi vencedor na categoría de Tese de Doutoramento e María Pérez Moreta e Yolanda Blanco Pereiro na de TFG/TFM. En canto a Enxeñaría e Arquitectura, o premio á mellor Tese de Doutoramento levouno Miriam Timiraos Díaz e o de mellor TFG/TFM, Alejandro Bellas López.

O evento contou coa participación de 40 empresas e entidades de diferentes sectores; entre elas ABANCA, Accenture, AGEINCO, Altia, Antea Group, Auren Auditores, Balidea, BDO, Clúster de Turismo de Galicia, COGAMI, Concello da Coruña, Decathlon, Deloitte, Denodo, Finsa, Gadisa, Garrigues, Grupo Eulen, Grupo Intaf, Grupo Tragsa, Hijos de Rivera, Indoneea Retail S.L., Indra Group, Innogando, Inserta Empleo, Management Solutions, Nauterra, Navantia, Nordés Ancín/Nordés Edge, NTT DATA, Nunegal Consulting, Nunsys Group-Inycom, Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España S.L., Quest Global, Reganosa, Repsol, Constructora Sanjosé S.A., STAC e Tecdesoft, ademais doutras entidades e organizacións.

O vindeiro 29 de outubro celebrarase a cuarta edición da Feira de Empresas e Talento FESTALENT do Campus de Ferrol no pavillón Municipal de Esteiro.

Lea también

Comienzan en Ferrol las obras de restauración del lavadero de Esmelle

El concejal de Obras y Servicios, José Tomé, ha anunciado el inicio de las obras …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *