O Campus Industrial de Ferrol analiza o papel de Galicia no escenario intl. da man de Jesús Gamallo

A Facultade de Humanidades e Documentación acolle, o venres 30 de outubro, ás 11:00 horas, unha conferencia dirixida ao alumnado do grao en Relacións Internacionais e aberta a toda a comunidade universitaria, así como ao público xeral interesado.

Foto: o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo |Imaxe cedida pola Xunta de Galicia.

O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolle o venres 30 de outubro, ás 11:00 horas, a conferencia “Galicia, o seu lugar no mundo”, impartida polo director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo.

Na súa intervención, o conferenciante repasará a participación de Galicia nas institucións internacionais ao longo das últimas décadas, tanto desde punto de vista normativo como na súa vertente práctica. A sesión buscará, ademais, fomentar o debate co público asistente sobre o ámbito europeo, a cooperación transfronteiriza, a cooperación ao desenvolvemento e as distintas dimensións da acción exterior galega.

A conferencia está dirixida ao alumnado do grao en Relacións Internacionais, titulación interuniversitaria que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación, e aberta a toda a comunidade universitaria e ao público xeral interesado nas cuestións relacionadas coa Unión Europea e a proxección internacional de Galicia.

A asistencia é libre e gratuíta ata completar aforo.

Lea también

Leticia Álvarez Reguera abordará no Campus Industrial de Ferrol os retos da ONU e as oportunidades profesionais que ofrece

A responsable de Comunicación das Nacións Unidas para España e Andorra falará, o próximo mércores …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *