O COAG Ferrol celebra unha conferencia sobre vivenda colectiva

O COAG Ferrol celebrará este xoves 22 unha conferencia sobre vivenda colectiva para analizar a crise financeira e habitacional da man dos arquitectos Carbajo e Barrios. O estudio explicará catro das súas obras de vivenda colectiva realizadas en Santiago. A charla celebrarase no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol, ás 19:30 horas con entrada libre e gratuíta, para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura que este ano ten como lema “A vivenda é un dereito”

A Delegación de Ferrol do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), en colaboración co Concello de Ferrol e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, organizan, con motivo do Día Mundial da Arquitectura, a conferencia “Vivenda Colectiva 2011-2025. Entre a crise financeira e a crise habitacional” o vindeiro xoves, 22 de outubro.

Un ano máis, todos os arquitectos e arquitectas do mundo están chamados a celebrar o Día Mundial da Arquitectura (5 de outubro) e o Hábitat. O lema deste ano é “A vivenda é un dereito”, que busca poñer o foco no que a arquitectura pode aportar en garantir un fogar digno para todas as persoas.

Na conferencia, que se celebrará no Antigo Hospicio Municipal de Ferrol (rúa Méndez Núñez, 11) ás 19:30 horas, contarase coa intervención dos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide (CARBAJO BARRIOS).

Trece Rosas

Explicarán catro obras de vivenda colectiva que se concatenaron no tempo despois do estalido da burbulla en 2008 ata 2025: a cooperativa de vivendas Trece Rosas en Santiago (un proxecto residencial de 2018 con 65 vivendas en réxime de cooperativa; Cornes Espazo residencial en Santiago (un proxecto de 2017-2022 de tres edificios para 125 vivendas, prazas de garaxe e rochos); o Alto residencial Coop en Santiago (un proxecto residencial de 2019-2023 de 33 vivendas en réxime de cooperativa); e a Cooperativa de vivendas Galeras Entrerríos en Santiago (un proxecto residencial de 2016 de 81 vivendas en réxime de cooperativa).

O acceso á conferencia é libre e gratuíto. Ao terminar a conferencia compartiranse uns petiscos.

Proxectos de vivenda colectiva

Carbajo Barrios é un despacho profesional fundado en Santiago de Compostela polos arquitectos Manuel Carbajo Capeáns e Celso Barrios Ceide. Inicia a súa actividade no ano 2000 co encargo da reforma do antigo Cine Capitol de Santiago para a súa conversión en sala de concertos. Nos anos seguintes, desenvolve proxectos de pequena escala e diversa tipoloxía, que permiten consolidar a súa práctica profesional.

A partir de 2007, centra gran parte da súa actividade no desenvolvemento de proxectos de vivenda colectiva en Galicia, tanto en réxime libre como en cooperativa.

Alto residencial

A súa obra recibiu o Premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2017, 2019, 2023 e 2025, así como o Premio Galego de Arquitectura da Xunta de Galicia en 2023 e 2025. Tamén foi seleccionada nos EUmies Awards 2026, el Premio ENOR 2023, los Premios Hispalyt 2021-2023, la BIAU, la BEAU y los Premios FAD 2015. Actualmente, completan o equipo de traballo David Camiño Quintela, Laura Pardo Ponte e Alejandro Calviño Pérez.

Lea también

Francisco Rabuñal Mosquera nomeado presidente do Consello da Avogacía Galega

Xosé Manuel Fernández Varela, decano do Colexio de Avogados de Lugo, exercerá de vicepresidente e …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *