A Xunta constitúe o Consello Reitor da nova Axencia Intecmar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a primeira sesión do órgano que formaliza a culminación do proceso de transformación do instituto en axencia pública.

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, presidiu a primeira sesión do órgano que formaliza a culminación do proceso de transformación do instituto en axencia pública- | Fot. Xunta

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada polo director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, presidiu a sesión constitutiva do Consello Reitor da Axencia Pública Autonómica para o Control do Medio Mariño de Galicia (Axencia Intecmar) na súa sede de Vilaxoán.

A constitución deste órgano colexiado de goberno supón un fito na culminación da súa adaptación á figura de axencia pública autonómica, aprobada polo Consello da Xunta en cumprimento da Lei de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Con este novo marco xurídico e organizativo, a Xunta blinda e reforza a operativa dun organismo que é referente internacional e Laboratorio Nacional de Referencia de Biotoxinas Mariñas. A Axencia Intecmar continuará prestando con plenas garantías os seus servizos esenciais de seguimento oceanográfico, vixilancia do fitoplancto tóxico, control de contaminantes e aseguramento técnico-sanitario das zonas de produción de moluscos bivalvos, achegando a máxima seguridade alimentaria e rigor científico ao servizo do sector marítimo-pesqueiro galego.

Lea también

Marta Villaverde e o patrón maior da Cofraría de Pescadores de Ferrol reúnense para avanzar na mellora da actividade pesqueira y marisqueira

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse hoxe co patrón maior da Confraría de Pescadores …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *