A Xunta destaca a labor de Afal na atención con persoas con alzheimer en Ferrolterra

 

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, acompañado do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, visitou o servizo de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer da Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer de Ferrolterra (AFAL).
 
Durante o percorrido polas instalacións, o representante da Xunta de Galicia puido coñecer de primeira man o funcionamento dos talleres e as actividades que se desenvolven para frear a deterioración cognitiva e mellorar a autonomía dos usuarios. Ademais, aproveitou o encontro para intercambiar impresións cos profesionais do centro e cos propios familiares.
 
Na súa intervención, Acevedo puxo en valor o intenso traballo que realiza a entidade na comarca de Ferrolterra, destacándoa como un piar fundamental tanto na atención especializada aos doentes como no asesoramento e acompañamento integral ás súas familias.

Lea también

El respaldo a la huelga general en el Sergas baja hasta el 4,55% durante el turno de tarde

La participación alcanza el 7,71% en Atención Primaria y el 3,26% en hospitales, con un …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Responsable: Galicia Artabra Comunicaciones, S.L. Finalidad: gestionar su comentario. Legitimación: su consentimiento. Derechos: acceso, rectificación, supresión y otros, según la política de privacidad.