Impúlsase en Ferrol o saneamento na rúa Lousas e o aglometrado do camiño das Cabazas,

Estas actuacións mobilizan máis de 360.000 euros en investimentos.

O Goberno local de Ferrol aprobou a adxudicación de dúas importantes actuacións demandadas polos veciños de Serantes e Covas. Así a primera das adxudicacións refírese á obra de Mellora das redes de abastecemento e saneamento na Rúa Lousas, incluída no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. POS+ADICIONAL 2/2025 (1ª FASE).

A empresa Novavial SL será a encargada de executar estes traballos por un importe de 300.681,59 euros e nun prazo de catro meses.

Con esta actuación- avanzou o rexedor José Manuel Rey Varela– damos resposta a unha demanda da veciñanza e melloraremos de forma significativa un servizo básico para os residentes da zona.

Os traballos previstos abranguen o tramo comprendido entre o cruzamento coa estrada provincial DP-3603 e o enlace coa rúa Botana, onde se renovarán por completo as actuais infraestruturas de abastecemento e saneamento para adaptalas ás necesidades actuais da contorna.

O proxecto contempla dotar á rúa dunha rede de drenaxe da plataforma independente da rede de saneamento e substituír por completo a actual rede unitaria de saneamento de forma que o saneamento pase a ser separativo e de PVC. A mellora destes servizos acompañará á retirada das antigas redes e a reposición do firme da calzada na súa totalidade.

A actuación completarase coa construción de arquetas de acometidas diferenciadas para cada parcela e a instalación de novos sumidoiros.

CAMIÑO C 32 AS CABAZAS COVAS

A XGL adxudicou tamén a obra do aglomerado do camiño C-32 en As Cabazas, Covas, incluído no Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal. Plan Único de Concellos POS+2025 (Achega provincial 2024). A empresa Canarga SL encargarase destes traballos orzamentados en 59.431 euros.

A intervención contempla a regularización do firme existente, limpeza dasm marxes e canles, estendido dun novopavimento aglomerado e inclúe, tamén, a sinalización vertical e horizontal do vial. A actuación afecta a unha uperficie de 3.090,60 metros cadrados e a unha lonxitude de 606 metros.

Trátase dun camiño que é transitado, principalmente, por vehículos lixeiros que acceden á zona, polo que a súas reparacións resultan prioritarias, atendendo á importancia social derivada do seu uso. O prazo de execución é de dous meses.

Lea también

Rescatada una persona en Ferrol tras caer con su coche en un regato

Una persona tuvo que ser rescatada en la tarde de este pasado jueves en Ferrol …