Conta atrás para vivir a III Ruta Cabalar Cidade de Narón

O Concello colabora coa Asociación Cabaleiros de Narón na organización da xornada que tamén contará con animación e hinchables para a cativada. As inscricións están abertas ata o próximo 8 de outubro.
 
 
A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou no Concello a III Ruta Cabalar Cidade de Narón, que organiza a Asociación Cabaleiros de Narón o próximo sábado 10 de outubro coa colaboración do Concello e do Padroado de Deportes.
 
Ao acto asistiron tamén o presidente da asociación, Diego Díaz Ramos, e o secretario, Ramiro Pérez Macías. Segundo explicaron, a xornada comezará ás 9:00 horas coa recepción dos participantes no Camiño da Feira, 33, onde se servirán café e un almorzo de benvida.
 
A saída da ruta será ás 10:00 horas e, a medio camiño, farase unha parada para tomar uns petiscos. Ás 14:30 horas terá lugar o xantar popular no recinto das naves da Feira do Trece, cun menú de bebida, callos, churrasco, sobremesa, café e chopo. Para os máis pequenos haberá a posibilidade dun menú infantil de tortilla, pizza ou nuggets.
 
Mar Gómez destacou que “para o Concello é un pracer colaborar coa asociación nesta terceira edición. A ruta ten cada vez máis seguemento, e a idea é que tamén poida achegarse ao xantar quen non monte a cabalo e pasar o día en familia”. A participación na ruta e no xantar custa 15 euros para as persoas socias da asociación e 30 para as non socias.
 
Os menores de 12 anos pagan 15 euros e quen só queira asistir á comida abonará 25 euros. Ao longo da tarde haberá ademais animación e hinchables para nenos e nenas.
 
As persoas interesadas poden inscribirse ata o xoves 8 de outubro. Deberán enviar a folla de inscrición cuberta e o xustificante de pagamento por WhatsApp a calquera destes tres contactos: Diego (677 193 977), Rami (637 568 347) ou Raúl (610 697 102).

Lea también

La Sociedad Filarmónica Ferrolana presenta su temporada de conciertos de música clásica para 2026-27

La Filarmónica Ferrolana trae este año un programa cargado de conciertos inolvidables, orquestales y de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *