Neda acolle “Ao son da nova regueifa” dentro do ciclo de cinema documental

O Concello de Neda proxecta este venres, no marco do seu ciclo de cinema documental, “Ao son da nova regueifa”. Un proxecto audiovisual que pon en valor esta tradición oral galega en verso na que a ironía é protagonista, que chega á vila da man do “Outono das artes” da Deputación da Coruña”.

O filme, que se poderá ver na Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas, conta  con guión e dirección de Manolo Maseda e Saúl Rivas, percorre Galicia para descubrir como a regueifa, continúa viva e reinventándose no presente.

Así, segundo explican dende a entidade provincial, “a través das voces de regueifeiras e regueifeiros de diferentes xeracións e territorios, a película amosa como esta arte da improvisación conecta tradición e creación contemporánea”.

O documental, que debuxa o retrato desta practica, concibida como unha disputa dialéctica improvisada e en verso,  vai destinado ao conxunto da veciñanza, e está especialmente recomendado para persoas interesadas na cultura popular, e na tradición oral.

O documental coincide no tempo coa conmemoración, por parte do Concello do Día do orgullo neofalante, que contempla, entre outras propostas, o espectáculo “Quen inventou o rap?” cunha das regueifeiras máis populares da actualidade, Lupe Blanco.

Lea también

La SGHN acogerá en Ferrol una conferencia sobre las «Nuevas técnicas moleculares aplicadas a la paleontología en Galicia»

El auditorio del Museo de Historia Natural de Ferrol será el escenario el próximo viernes …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *