A Xunta financia en Somozas unha instalación de subministración de combustible para vehículos agrícolas

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde das Somozas, Juan Tembrás, visitou a instalación de subministración de combustible para vehículos agrícolas promovida pola empresa Iván Tembrás SLU, un dos proxectos beneficiados pola última convocatoria das axudas da Intervención Leader no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, que contou cunha achega de 125.554 euros a través dos fondos designados pola Consellería do Medio Rural ao Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Seitura 22.

A delegada de Ferrol, Martina Aneiros na visita xunto o alcalde Juan Tembrás | Fot. Xunta

O proxecto consistiu na execución dunha instalación de subministración de combustible para vehículos propios no exterior da nave da empresa de servizos agrícolas e forestais. Para iso construíuse un depósito con dobre corpo de aceiro e fibra con detector de fugas incorporado e surtidor de dúas mangueiras. Este equipamento foi instalado no espazo entre a nave e o peche da finca para o que se fixo necesario executar unha explanada que permita a manobra dos vehículos entorno ao surtidor.

A delegada da Xunta puxo en valor a iniciativa en tanto “vai repercutir positivamente no concello das Somozas e a comarca, estimulando novos proxectos na zona e dinamizando así a economía deste entorno rural, concretamente a parroquia de Recemel, nas Somozas”.

Aneiros puxo en valor ademais o traballo desenvolvido polos grupos de desenvolvemento rural, nomeadamente o de Seitura 22 ao que están adscritos os municipios do ámbito da Delegación Territorial de Ferrol, que actúan como entidades colaboradoras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) na xestión da medida Leader que conta cun orzamento de 28,7 M€ para as anualidades 2026, 2027 e 2028.

Explicou que se trata de axudas ás que poden optar as entidades públicas de carácter local ou comarcal e as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado, incluíndo nestacategoría ás comunidades de montes veciñais en man común e as súas mancomunidades e que permiten financiar proxectos que poden ser de carácter produtivo ou non produtivo, en función da natureza xurídica da persoa que os promova e en función de se a súa finalidade é lucrativa ou non lucrativa.

Lea también

Valdoviño e A Deputación convidaron ao alumnado do CPI Atios á proxección da cinta documental «Crónicas dun NON!»

No marco do ciclo Outono das Artes que promove a Deputación da Coruña, o Concello …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *