Pontedeume ‘luce’ tras os traballos de xardinería, mantenemento e embelecemento da vila

O alcalde Bernardo Fernández sinala que «dende o equipo de goberno municipal seguimos traballando para facer de Pontedeume unha vila máis coidada, verde e acolledora».

Estas actuacións xa chegaron ao cemiterio municipal, á entrada do paseo marítimo, á avenida da Coruña, á avenida de Saavedra Meneses, aos Xardíns de Lombarderon e ao parque-miradoiro da avenida de Ferrol, renovando e acondicionando espazos que forman parte da imaxe diaria da vila.

«Este traballo terá continuidade nas próximas semanas en máis zonas do municipio, pero queremos ir máis alá», sinala o alcalde Bernardo Fernández Piñeiro. «Nestes momentos estamos xa redactando o proxecto de humanización da praza superior do Mercado Municipal, na rúa San Miguel», engade.

«O obxectivo é renovar completamente este espazo para convertelo nun lugar máis amable, atractivo, acolledor e pensado para as persoas, mellorando a súa imaxe e creando un entorno máis agradable para desfrutar no corazón da vila», afirma o rexedor.

Sinala tamén que «deste xeito teremos un Pontedeume máis bonito, máis verde e máis agradable para vivir e desfrutar». «Pouco a pouco, seguimos actuando sobre os nosos espazos públicos, coidando o que temos e transformando aqueles lugares que aínda teñen moito potencial», conclúe.

 

Lea también

Inscricións abertas en Valdoviño no curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Valdoviño abre inscricións nun curso de introdución á lingua e á cultura …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *