Neda activa este venres un ciclo de cinema documental, da man do “Outono das artes”

O Concello de Neda aposta nos meses de setembro e outubro polo cinema documental. Grazas ao ciclo “Outono das artes” que impulsa a Deputación da Coruña, chegarán á localidade cinco documentais do máis variado. Unha proposta que vén a diversificar a oferta cultural do municipio.

Nas próximas semanas, a tarde dos venres, sempre a partir das 20:30 horas, será tempo para o documental na Casa da Cultura de Neda. A entidade local artella esta iniciativa botando man dalgúns dos títulos que inclúe a carteleira de cinema do ciclo multidisciplinario provincial. A primeiras das entregas terá lugar esta mesa semana.

Con motivo do Día Internacional da Fotografía, o Concello brindará a oportunidade de ver, en formato XXL, a peza audiovisual “Mary Quintero. Máis de 90 anos de creatividade”, que repasa a traxectoria dunha das grandes fotógrafas e retratistas galegas do século XX.

A vindeira semana – 25 de setembro– da man do filme- ensaio “Salvaxe, salvaxe”, o público poderá percorrer as chamadas terras de lobo de Galicia e Portugal para “explorar a relación entre as persoas, os animais e a paisaxe que comparten”.

Casa de la Cultura de Neda | Fot. Galicia Artabra

Xa en outubro, haberá tres novas entregas do “Outono das artes”. Así, o día 2, “Ao son da nova regueifa” permitirá afondar na tradición da regueifa e na súa evolución contemporánea. O 9 de outubro será a quenda de “Crónicas dun non!!”, un documental que conta a historia do movemento da insubmisión en Galicia, a través da experiencia do seu director, Fernando Rodríguez Gómez “Peñaño”, condenado a un ano de cárcere pola súa negativa a incorporarse á mili no ano 1989.

O ciclo despedirase o venres 16 coa proxección de “Le Archeólogue” (El arqueólogo) curtametraxe que constitúe un dos tres piares do proxecto sociocultural Cru: memoria coruñesa sobre o Mar Exeo. Todas as proxeccións do “Outono das artes” da Deputación, incluídas no ciclo municipal, serán gratuítas.

 

Lea también

El concello organiza su II Triangular de fútbol femenino con el apoyo del Rápido de Neda

Los días anteriores se juega también en el campo municipal de Neda una nueva edición …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *