Elexida a coordinadora comarcal de ANOVA-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade_NacionalistaSegún nota enviada  a Galicia Ártabra Digital «Fai uns días  tivo lugar en Ferrol a Asemblea Constituínte de Ferrol, na que se escolleu unha coordenadora local conformada por sete persoas e que comenzarán, de forma conxunta coa cidadanía, a súa actividade política para frear o expolio ás clases traballadoras e ao país por parte dos nosos gobernantes.

Elixíronse as seguintes persoas e repartíronse as responsabilidades dentro da propia coordenadora,

– Coordenador local: X. Lois Lois Navaza.

– Responsable de Organización: César X. Manso Platas.

– Responsable de Finanzas: X. Manuel Pazo Blanco.

– Área de Movementos Sociais: Xosé Mª Fontao Pita e Lois Rico Castro.

– Área de Mocidade: Aine Lois Manso.

Queremos manifestar o noso apoio á manifestación nacional convocada por

Queremos Galego baixo o lema pola lingua que nos une: queremos galego na escola! para o vindeiro 27 de xaneiro, que sairá ás 12 h da Alameda de Santiago de Compostela. Convidamos á cidadanía a participar nesta manifestación e futuras mobilizacións contra as agresións á nosa lingua e á nosa identidade por parte do goberno central e pola derogación do decreto de plurilingüismo da Xunta e contra o proxecto de lei de educación do ministro Wert, que pretende reducir a nosa lingua á mínima expresión. «

Lea también

Cambios de tráfico en la avda. Irmandiños por el avance de las obras de Abrir Ferrol al Mar

Se cortará uno de los carriles de circulación entre la prolongación de la avenida de …