O grupo municipal socialista pide que se xestionen axudas do goberno para a rehabilitación de San Felipe

castillo de san felipeO Grupo Municipal Socialista pídelle ao goberno local que xestione co goberno estatal a continuidade da liña de axudas para a rehabilitación do Castelo de San Felipe.

Os socialistas lembran que o Castelo de San Felipe pertence ao patrimonio do Concello de Ferrol, e é unha infraestrutura que ven sendo visitada por 25.000 persoas ao ano, concentrándose a maior parte nos meses de xullo e agosto.

O Grupo Municipal Socialista lembra tamén que no mandato anterior, o goberno socialista xestionou co  ministerio de cultura, os fondos necesarios ara a labor de rehabilitación deste patrimonio ferrolá, pola cuantía de 300.000 euros anuais. Deste xeito, acadouse a rehabilitación no interior do castelo, da Casa do Gobernador.

Para o Grupo Municipal Socialista parece lóxico que se continúe coa rehabilitación, xa que son máis que necesarios as labores de mantemento, e denuncian o actual estado de abandono no que se atopa o castelo, e que afecta non so ás edificacións, senón tamén ao entorno cheo de maleza e lixo. Outras das melloras no mandato anterior foi a inclusión do Castelo no contrato de xardíns, que permitía unha limpeza das instalacións, e o coidado do entorno, que todo indica que agora  mesmo non se leva a cabo.

Outra das demandas dos socialistas na comisión foi a de poñer en valor o Arquivo Municipal, que atópase nunhas condicións moi deficientes, desperdigado pola parte superior e inferior do concello e exposto as humidades que poñen en perigo a conservación dos mesmos e aceleran o seu deterioro. Para o Grupo Municipal Socialista é unha prioridade que por parte do goberno municipal se aceleren as xestións para atopar unha nova ubicación axeitada para unha correcta conservación.

Lea también

Detenido en Canido uno de los principales proveedores de droga a Ferrol, con 3,5 kilos de cocaina

La Policía Nacional detuvo a un hombre en Ferrol como presunto autor de un delito …

Un comentario

  1. Ferrol en este caso compró el castillo de San Felipe tiempo ha. Los grupos políticos ferrolanos normalmente exigen al Estado o a Defensa que regale y regale cuanta instalacion de las FAS no es utilizada ya. .?yo me pregunto para que quieren tantos regalos?, Si el municipio no es capaz de mantener con decoro ni lo que ha comprado.
    Que me lo expliquen xf.