Ferrol en Común denuncia «a pasividade do goberno local ante os danos dos madeiristas nos viais municipais»

Ferrol en Común a través dun comunicado expón o seguinte: «Nestas últimas semanas diferentes empresas de tala e recollida de madeira están a desenvolver a súa actividade incumprindo a normativa viaria do concello, ocasionando importantes danos nas estradas de titularidade municipal».

Fuente FeC

«Diferentes veciños e veciñas da zona rural puxéronse en contacto co noso grupo municipal, desesperados pola falta de resposta do goberno, deixando actuar con impunidade aos madeiristas en zonas como a próxima á Feira do Dous en Serantes ou no Camiño da Chamosa en Brión».

«A falta dunha ordenanza municipal, que levamos demandando dende o inicio de mandato, fai que as autorizacións que expide a Xunta de Galicia para traballos puntuais sexan empregadas como salvoconduto para incumprir os sinais de restrición de tonelaxe máximo, en moitas zonas limitadas a 15 toneladas e utilizando camións de carga de 44 toneladas. Cando o control era real e efectivo as cargas e descargas facíase en pequenos tractores ata o punto de carga autorizado, pero a falta de control abre á porta a que as pistas e estradas do concello sufran un deterioro grave do que ningúen se fai responsable».

Fuente FeC

«A situación é tal, que a estrada de Brión a Valón, recentemente aglomerada hai un ano, presenta xa importantes desperfectos, e o goberno, nun uso irresponsable dos recursos públicos, non ten emprendida ningunha acción legal ou proposta de sanción para os que están atentando contra o patrimonio municipal».

«Demandamos, polo tanto, que ademais dunha campaña disuasoria intensa, se retome a negociación e publicación dunha ordenanza, que conteña un apartado específico para a creación destas licencias de tala, coa presentación dunha memoria, un reportaxe fotográfico previo e posterior, e un réxime sancionador para casos de incumprimento que eviten os danos materiais ocasionados no noso concello» conclúen. 

Lea también

La Xunta lanza en Ferrol la Business Factory Energy para acelerar startups de renovables con 600.000 euros

El director general de Planificación Energética y Minas, Pablo Fernández Vila, y la delegada territorial …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *