Con setembro chega a Cedeira o ciclo «Cantos e contos ao Solpos»

O contador Carlos Rebolo abre este sábado o programa no local social Tarroiba.

Coa chegada do mes de setembro aterra tamén en Cedeira, un ano máis, o ciclo “Cantos e Contos ao Solpor”. Chega á décima edición este programa de narración oral, sempre con sesións descentralizadas polas parroquias e asociado xa na localidade ao remate do verán. As funcións comezarán o vindeiro día 5 e continuarán cada sábado do mes de setembro.

O contador Carlos Rebolo, fundador de Ítaca Teatro, inaugurará o ciclo co espectáculo “Anacos”, o sábado 5 de setembro, ás 20.00 horas, no local social Tarroiba, en Santalla. O acto compartirá historias vividas, escoitadas ou construídas no imaxinario do cotiá.

A seguinte cita será o sábado 12, tamén as 20.00 horas, no local veciñal de Régoa. María de Pontragha levará a esta parroquia de Cedeira o seu espectáculo “Coa palabra na boca”, no que mistura historias e música tradicional para contar da xente, do amor, da liberdade e da desobediencia.

O local da Asociación Veciñal de San Román recibirá o ciclo de Cantos e Contos o 19 de setembro. Vero Rilo e Santi Cribeiro ofrecerán a función “Tralalareira”, na que contan e cantan como se fai arredor da lareira, con moito humor.

O 25 de setembro, último sábado do mes, o ciclo terá a súa sesión de clausura na vila, na praza Dionisia López. Lucía Aldao e Samuel Marino ofrecerán “Os nomes íntimos”, no que empregan a palabra falada e a música, así como a conversa co público.

Lea también

Café Quijano actúa en el Auditorio de Ferrol el 17 de abril

El Gobierno local de Ferrol ha aprobado el expediente de contratación del concierto del grupo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *