Últimos días para participar no I Premio de pintura Concello de San Sadurniño

O luns remata o prazo de recepción de obras para un certame con 1.400 euros en premios.

O prazo para participar no I Premio de Pintura Concello de San Sadurniño, organizado polo consistorio e pola Sociedad Artística Ferrolana (SAF) entra na súa recta final. O luns 31 de agosto é o último día para participar nun certame aberto a calquera técnica —óleo, acrílico, acuarela, técnica mixta, etc.— pero cunha temática que debe estar necesariamente relacionada coa paisaxe, o patrimonio ou a contorna galega.

O xurado valorará especialmente aquelas que teñan unha inspiración directa en elementos localizados en San Sadurniño. As candidaturas poderán presentarse en persoa na Casa da Cultura ou por correo electrónico, enviando unha fotografía en cor da obra xunto cun documento cos seus principais datos —título, técnica, medidas, valoración económica e datos da persoa autora— e un breve currículo da persoa autora, cunha extensión máxima dun folio.

Sobra dicir que as é as obras deben ser inéditas, orixinais, de autoría propia e, en relación co primeiro requisito, non ter sido premiadas con anterioridade ou presentadas a concursos pendentes de resolución nin expostas ou publicadas anteriormente.

Unha vez pechado o prazo, unha comisión formada por persoas nomeadas pola Sociedade Artística Ferrolana (SAF) e o Concello realizará a selección das obras que pasarán á exposición e actuará posteriormente como xurado, atendendo tanto á calidade técnica como á súa vinculación coa paisaxe galega e local.

El alcalde de San Sadurniño junto a los pintores Carlos Barcón de la SAF y Julio Ferrín en su ultima exposición

As obras seleccionadas deberán ser enviadas ao Concello, debidamente enmarcadas ou con listón sinxelo, antes do 2 de outubro. Con elas organizarase unha exposición na sede municipal entre o 5 de outubro e o 13 de novembro, mentres que o fallo do xurado se dará a coñecer o venres 9 de outubro, ás 18:30 horas, durante o acto de inauguración da mostra.

O certame artístico nace coa vocación de contribuír á difusión da paisaxe e do patrimonio a través da pintura. Un obxectivo que, ademais, conta co incentivo dos 900 euros de dotación económica que levará a obra que mellor transmita eses valores e os 500 que levará a segunda mellor valorada.

Bases do I Premio de Pintura Concello de San Sadurniño

Lea también

Cervo será a protagonista do XII Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira»

  O Concello de Cedeira celebrará o vindeiro domingo, día 30 de agosto, o XII …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *