A Xunta avoga pola economía circular, reutilización e consumo responsable no Surf co Tinglado de Pantín

A Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, avoga pola economía circular, a reutilización e o consumo responsable no eido do surf co mercado de segunda man. O Tinglado, no marco do Abanca Pantín Classic Galicia Pro 2026.

Acompañada por diversas autoridades, a responsable autonómica visitou este espazo, que promove o consumo sostible de produtos relacionados con este deporte e que ten por obxectivo avanzar na redución dos residuos que se xeran, cambiar a forma de consumir e apostar por produtos de calidade que duren no tempo e poidan ter moitas vidas, incluso pasando por diferentes mans.

Ángeles Vázquez salientou que esta iniciativa permite vincular directamente a economía circular cun deporte estreitamente relacionado coa conservación do mar e da contorna natural, así aspectos como a reutilización e a reparación e prevención de residuos poden axudar a protexer o medio mariño.

Deste xeito, os visitantes ao Tinglado poderán adquirir produtos de segunda man de cidadáns particulares relacionados co surf como táboas, neoprenos ou outros materiais e equipamentos para practicar este deporte, promovendo a prolongación da vida útil dos produtos e unha forma máis circular de consumir.

A maiores, a Conselleira lembrou que se trata da segunda vez deste mercado de segunda man en Pantín, que ademais da compravenda ofrece diversas actividades como faladoiros, obradoiros ou a exposición Retoque Retro, que emprega residuos reais recollidos nos areais galegos para transformalos en esculturas e elementos artísticos.

Así mesmo, fixo balance da edición do ano pasado, na que participaron 45 persoas que puxeron á venda máis de 11 obxectos, dos que se venderon 60 artigos. É dicir, máis da metade dos artigos postos á venda na primeira edición atoparon comprador, e entre eles destaca a adquisición de preto 30 táboas de surf e algo máis de 20 neoprenos, que tal e como destacou, é unha nova oportunidade para artigos de calidade que se converterían en residuos, sen necesidade.

Plan de residuos municipais

A celebración do Tinglado enmárcase no Plan sectorial de xestión de residuos municipais de Galicia 2030, co que a Xunta busca implicar ás entidades locais e á cidadanía na implantación dun modelo circular que contribúa a cumprir coas exixencias normativas neste eido.

Con este plan o Goberno galego aspira a reducir en 2030 un 15% a xeración de refugallos respecto a 2010, un 50% os residuos alimentarios por persoa na vendaretallista e aos consumidores e un 20% as perdas de alimentos ao longo das cadeas tanto de produción como de subministración.

Co anterior plan, entre outros aspectos, Galicia reduciu máis dun 5% a produción de residuos e os enviados a vertedoiros descenderon case un 37%, co que a comunidade se sitúa por debaixo da media estatal e máis próxima á media europea.

Lea también

Pantín dá a benvida ó proxecto de promoción do consumo de peixe galego “Pesca Saúde”

Coincidindo co campionato de surf, unha das foodtrucks da iniciativa ofrecerá esta fin de semana …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *