A Xunta apoia en Ferrol con 36.000€ o Festival das Meninas de Canido

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, reuniuse co presidente da agrupación artística Meninas de Canido, Eduardo Hermida, no marco do apoio económico de 36.000 euros da Xunta de Galicia a esta cita, que terá lugar do 4 ao 6 de setembro.

Durante o encontro destacaron a importancia de manter este tipo de colaboracións, fundamentais para a continuidade deste festival que alcanza xa a súa 18ª edición e que se encontra plenamente consolidado nos circuítos de arte urbana.

O director de Turismo de Galicia puxo en valor, ademais, a contribución de Meninas de Canido á proxección turística de Ferrol cunha “programación chea de propostas para todos os públicos, con concertos e actividades deportivas e gastronómicas que completan unha fin de semana na que a cultura será a gran protagonista”. Neste sentido, salientou o bo momento que está a vivir Ferrol como destino e a importancia deste tipo de iniciativas para dar a coñecer o territorio.

No primeiro semestre do ano, a cidade rexistrou 47.461 viaxeiros, máis dun 40% máis que no mesmo período do 2025. Destaca especialmente o crecemento do turismo internacional, cun aumento do 75% no número de viaxeiros estranxeiros.

Lea también

Centenares de personas se manifiestan en Ferrol contra los ataques xenófobos sufridos por Cruz Roja

Varios centenares de personas se manifestaron este pasado viernes contra las pintadas y los ataques …