Cervo será a protagonista do XII Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira»

 

Archivo edicións anteriores- Pintura rápida en Cedeira

O Concello de Cedeira celebrará o vindeiro domingo, día 30 de agosto, o XII Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira, desta volta cunha edición especialadicada á parroquia de Cervo.

A dinámica do concurso será a habitual: as e os artistas deberán inscribirse entre as 09.00 e as 11.00 horas no posto de información da rúa Ezequiel López e despois enviar as coordenadas do lugar no que sitúan o caballete. A entrega das obras será ás 18.00 horas, como hora límite, e o xurado emitirá o seu ditame ás 19.00 horas.

Repartiranse 2.500€ en premios.

Concretamente, o primeiro premio está dotado con 900€ e diploma, mentres que o segundo e o terceiro recibirán 700 e 500€ con cadanseu diploma. Tamén entregaranse catro accésits de 100€ cada un deles. O soporte non superará os 100x81cm e as persoas participantes deberán levalo no momento da inscrición para que a organización lle poña o correspondente cuño. A inscrición é gratuíta e o Concello apunta que, na medida do posible, os artistas deberán levar o seu cabalete para pintar e tamén para expoñer a súa obra ao finalizar o certame.

Archivo edicións anteriores- Pintura rápida en Cedeira

Nesta edición o escenario é a parroquia de Cervo, que abrangue os lugares de Arrasa, As Lamelas, Calvario, O Cancelo, O Carreiro, Cervetelo, Chímparra, A Corredoira, Corveiro, O Covo, Eirado, Espiñaredo, Golmar, A Graña, Lucín, Magoira, Nebril, Punta Candieira, Rabadán, Remesal, Os Salqueiros, Sobolocovo, Trasmonte, Vilar e Vilas.

Ao rematar o prazo, antes das 18.00 horas, deberán entregarse as obras na sala Áncora, situada na praza Roxa. Como é habitual, despois de que o xurado emita o seu fallo, as obras non premiadas poderán poñerse á venda asinadas e co prezo indicado na traseira.

Lea también

El Centro Cultural Torrente Bellester acoge en Ferrol el espectáculo ‘José Suárez, suite para una vida’

La capilla del Centro Cultural Torrente Ballester acoge este viernes 9 de octubre, a las …