A inauguración terá lugar este martes 25 de agosto, ás 10.00 horas, na Alianza Aresá.

O Concello de Ares, ABANCA e Afundación inauguran este martes 25 de agosto a mostra «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX». O acto de presentación terá lugar ás 10.00 horas na Alianza Aresá e contará coa asistencia de Alma Barrón Ferro, concelleira de Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio; Verónica Rego López, coordinadora de Relacións Institucionais de Afundación; José Manuel Vilariño Orgeira, coordinador institucional de ABANCA; e Luis Chillón García, director da oficina de ABANCA.
A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE co obxectivo de tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época.
Poderase visitar ata o 18 de setembro, en horario de martes a venres de 11.30 a 14.00 e de 18.30 a 20.30 horas.

Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade.
Galicia Ártabra Noticias de Ferrol y la comarca de Ferrolterra.