Dispoñible no repositorio dixital do Ateneo a «Guía de Ferrol y su Partido Judicial» de 1936

 O Ateneo Ferrolán incorpora esta publicación de relevancia sobre Ferrol e a súa comarca ao seu repositorio dixital.

fot. Ateneo

A Biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán pon a disposición, a través do seu repositorio dixital en Internet Archive, a “Guía de Ferrol y su Partido Judicial” de Joaquín Landrove Moiño, impresa en 1936 pola “La Artística”, un dos talleres tipográficos de referencia da cidade a principios do século XX. Este tipo de guías catalogaban comercios, profesións liberais, horarios de transportes, autoridades, rueiros, autoridades e recursos turísticos ou históricos da zona. No só de Ferrol senón que articulaba toda a comarca.

Na vontade de seguir traballando culturalmente pola recuperación da historia da cidade de Ferrol, o Ateneo Ferrolán ven realizando unha tarefa de recollida de fondos hemerográficos, bibliográficos e audiovisuais, co obxectivo de conservar e difundir boa parte da historia social e cultural desta comarca.

Enlace: https://archive.org/details/guia-de-ferrol-y-su-partido-judicial

 
 
Foto. Ateneo Ferrolán

Lea también

La SAF inaugura en el Casino Ferrolano la exposición colectiva «Paisaje Gallego 2026»

Este miércoles la Sociedad Artística Ferrolana (SAF) ha inaugurado su exposición ‘Paisaje Gallego 2026’ en …