A Deputación destina 610.000 euros a 41 entidades para impulsar o comercio e o emprendemento na provincia

As axudas chegan a asociacións empresariais, centros comerciais abertos, cámaras, clústeres e entidades profesionais de diferentes comarcas da provincia.

Archivo- A deputada de Emprego e Industria, Rosa Ana García, nun acto de COFER, unha das entidades beneficiarias desta liña de axudas | Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña publica este mércores no BOP a concesión definitiva de 610.055,08 euros en subvencións a 41 entidades e asociacións empresariais da provincia para financiar actividades de promoción económica durante o ano 2026 a través do programa FOENAA.

As axudas permitirán desenvolver iniciativas de dinamización do comercio e da hostalaría local, promoción empresarial, emprendemento, internacionalización, innovación, economía social e circular ou difusión de sectores estratéxicos, ademais da celebración de feiras e encontros profesionais.

O programa apoia actuacións distribuídas por todo o territorio provincial e impulsadas tanto por asociacións de comerciantes e empresarios de ámbito local como por entidades sectoriais, clústeres, cámaras de comercio e colexios profesionais.

A institución provincial subliña que o programa permite apoiar iniciativas moi diversas, adaptadas ás características económicas de cada comarca, desde campañas destinadas a incrementar as vendas e fidelizar a clientela do pequeno comercio ata accións de promoción de sectores industriais, iniciativas de emprendemento ou proxectos relacionados coa sustentabilidade e a innovación.

Entre as entidades beneficiarias figuran centros comerciais abertos e asociacións empresariais de Ferrol, Arteixo, Boiro, Carballo, Curtis, Noia, Ordes, Ribeira, Santiago, Santa Comba, Rianxo ou Melide, entre outras localidades.

Así, o programa concede 21.000 euros a Arteixo Centro Comercial Aberto para o seu programa de promoción económica; outros 21.000 euros á Asociación Boirense de Empresarios e Profesionais Autónomos para actividades de promoción e dinamización comercial; e a mesma contía ao Centro Comercial Aberto de Carballo para accións de promoción, difusión e animación do comercio local.

En Santiago, Compostela Monumental recibe 21.000 euros para o seu Plan de Dinamización Comercial e para fomentar o emprego feminino no comercio, mentres que Punto Compostela CCA contará con 20.165,68 euros para actuacións orientadas a incrementar as vendas, fidelizar clientes e potenciar o comercio de proximidade.

Na comarca de Ferrolterra, o Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena recibe 7.260 euros para accións de comunicación e promoción; a Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarca contará con 13.500 euros para actividades de dinamización; e a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal percibirá 10.455 euros para o seu programa de actividades de 2026.

A convocatoria apoia tamén iniciativas de ámbito provincial e sectorial. A Cámara de Comercio da Coruña recibe 21.000 euros para organizar a XIII edición de Exporpymes; a Federación Galega de Xoves Empresarios, outros 21.000 euros para impulsar a iniciativa empresarial e emprendedora; e a Asociación de Jóvenes Empresarios da Coruña contará coa mesma cantidade para desenvolver o programa AJE Conecta.

Tamén se destinan 21.000 euros ao Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular (Viratec) para a segunda fase do proxecto Emprendendo en Circular20.837,11 euros á Unión Leiteira Galega para un programa de xornadas e accións expositivas sobre o impacto do acordo UE-Mercosur e a mellora da competitividade e comercialización do sector lácteo.

Entre os proxectos subvencionados figuran igualmente a Festa da Filloa de Lestedo, con 21.000 euros; a Xuntanza Abelleira e a 41ª Mostra Galega de Apicultura, con 11.220 euros; a Xuntanza de Palilleiras de Vimianzo, con 5.280 euros; ou a feira Curtis na Lembranza. As feiras do 1900, con 9.000 euros.

 

Lea también

Los termómetros superan este martes los 42 grados en varios municipios ourensanos

Varios municipios de la provincia de Ourense han superado este martes los 42 grados de …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *