Rianxo vence na XII Bandeira Mariña Cabo da Cruz-Concello de Boiro e conquista a Liga B

Rianxo conquista a Liga b | Foto-Liga Galega de Traiñeiras

A competición na Liga Galega de Traiñeiras B chegou ao seu fin este sábado coa celebración da XII Bandeira Mariña Cabo da Cruz – Concello de Boiro, a sétima e última proba do calendario. Nesta ocasión, o mal tempo cobrou un gran protagonismo, xa que os remeiros tiveron que enfrontarse a un mar revolto e a un vento sostido de máis de 25 km/h, con refachos que rozaron os 40 km/h. , marcando estas circunstancias meteorolóxicas o rumbo da regata.

A proba arrincou cos equipos Bueu Simei B, Chapela Wofco B e Riveira na quenda inicial. Desde o principio, a tripulación de Riveira impuxo un ritmo superior que lle permitiu liderar a regata e alcanzar a primeira virada en solitario. Pola súa banda, Chapela Wofco B pasou nese primeiro xiro a catro segundos do líder, mentres que Bueu Simei B fíxoo a seis segundos da cabeza.
 
A manga quedou practicamente sentenciada co cambio nas  condicións do mar e do vento, que provocaron un cambio radical nos tempos no longo de regreso.  Se o primeiro longo se completara en preto de 5 minutos, o segundo achegouse aos 10 minutos, disparando as diferenzas.  Riveira aproveitou este momento para abrir unha brecha importante sobre os outros barcos y confirmar con autoridade a vitoria da quenda, con Chapela Wofco B na segunda posición e Bueu Simei B na terceira.
 
Na quenda de honra tomaron a saída Rianxo, Salgado Perillo, Cabo da Cruz B e Puebla. Rianxo chegaba á última xornada coa Liga B prácticamente gañada, coa única misión de certificar o título. Por detrás, pelexaban polo segundo posto da clasificación que daba acceso aos play-off, Salgado Perillo e Puebla.
 
Na primeira virada Rianxo logra acadar a cabeza pasando Salgado Perillo en segunda posición, mentres por detrás disputaban moi igualadas, Puebla e Cabo da Cruz B.
 
Rianxo amplía vantaxe na segunda virada mentres Puebla e Salgado Perillo chegaban case á par, perdendo contacto coa cabeza, Cabo da Cruz B. Segundo trascurre a terceira virada, Rianxo segue a ampliar vantaxe e posición.
 
A vitoria na bandeira e o título de Liga B finalmente conquistouno Rianxo. O segundo posto tras remontar a Puebla (que acada a terceira posición) foi para Salgado Perillo e Cabo de Cruz B finalizou cuarta.

Lea también

La colocación del campo de hierba natural del Racing de Ferrol en Mandiá entra en su fase final

La colocación de los tepes de césped natural ha comenzado y dará paso a la …