Case cen efectivos darán cobertura o plan especial de seguridade en Ferrol con motivo da aclipse

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presentou o dispositivo especial de seguridade e mobilidade que o Concello porá en marcha mañá a partir das 14.00 horas coa activación do Plan de Emerxencia do Concello en fase de alerta con motivo da eclipse total do Sol.

O operativo estará integrado por un centenar de efectivos dos distintos servizos municipais e organismos de emerxencias. “Preto de 100 persoas participarán neste dispositivo especial para tratar de garantir a seguridade e mobilidade dos visitantes que se acheguen aos areais de Doniños, San Xurxo, Esmelle e Covas para contemplar este fenómeno astronómico”, revelou.

O dispositivo comezará a organizarse ás 9.30 horas coa instalación do Posto de Mando Avanzado (PMA) na contorna do monólito de Adolfo Ros, na zona alta de Doniños. Ás 14.00 horas, o alcalde activará o Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Ferrol (PEMU) en fase de alerta. Ás 19.30 horas izarase nos areais a bandeira vermella, o que significa a prohibición do baño xa que prevén dun grave perigo no baño para a vida ou saúde das persoas.

Ademais, haberá un aumento do horario do servizo de salvamento e socorrismo nas praias de Ponzos, Santa Comba, Covas, Esmelle, San Xurxo, Doniños e Penencia ata as 23.00 horas.

CATRO GRUPOS OPERATIVOS

O alcalde avanzou que se activarán os catro grupos operativos previstos no PEMU de Ferrol, que “traballarán de maneira coordinada durante o desenvolvemento do dispositivo”.

O grupo de intervención, que está composto por bombeiros, socorristas e SPDCIF (Servizo de prevención e defensa contra incendios forestais); o grupo de apoio loxístico e de seguridade integrado por policía local, policía nacional e AVPC; o grupo de sanitario e de acción social: composto pola a Asociación de Voluntarios de Protección Civil e Cruz Roja e o grupo de apoio técnico e rehabilitación de servicios públicos formado polo servizo de recollida de lixo, electricistas, augas …

MEDIOS TERRESTRES, MARÍTIMOS E AÉREOS

O dispositivo contará cun amplo despregamento de medios materiais e recursos humanos, entre os que se inclúen un camión de PMA da AXEGA con tecnoloxía en comunicacións co CIAE 112 e outras servizos como unidade de drons; un vehículo de mando da Policía Local e un vehículo patrulla; un vehículo de mando de bombeiros, un vehículo 4×4 da Cruz Roja e dos vehículos de prestación de primeiros auxilios; catro unidades de servizo de internet por satélite; un vehículoç repetidor portátil da área de seguridade; un vehículo motobomba e dous vehículos todoterreo da SPDCIF e unha embarcación semirríxida e unha moto de auga de bombeiros.

O dispositivo completarase con tres unidades de drons de AXEGA, policía local, e bombeiros e un vehículo de rescate en altura e un posto sanitario avanzado.

En canto ás zonas de distribución dos medios haberá oito: o PMA (centro neurálxico) e as outras sete teñen como referencia as casetas de socorrismo de Ponzos, Santa Comba, Covas, Esmelle, San Xurxo, Doniños e Penencia.

RESTRICIÓNS DE TRÁFICO RODADO

O Concello implementará, así mesmo, medidas especiais de tráfico nos areais de Doniños, San Xurxo e Covas onde se prevé o maior número de persoas para contemplar este fenómeno.

En Ponzos-Santa Comba o plan de tráfico recolle que se deberá empregar a calzada asfaltada como sentido de entrada e as zonas terrizas como viais de saída.

Na praia de San Xurxo, dende a intersección coa derivación a Outeiro (Doniños) estará prohibido o estacionamento na calzada ou en parte dela, xa que impediría o tránsito simultáneo de dous vehículos.

O acceso á praia de Doniños farase dende a DP-3607 San Xurxo e a Outeiro e a saída cara o centro da cidade polo Vilar, antigo campo de tiro. No Vilar confluirá tamén o tráfico que vén de Fontá para retornar ao centro cidade.

En Penencia, o vial terrizo que bordea o lago permite establecer un sentido único dende a súa intersección coa estrada que vén de Outeiro (O Quixote). E deixarase a estrada que une Fontá con Outeiro con dirección a cara este último, así tamén se deriva todo o tránsito que vén da DP-3608.

Todo o tránsito que vén pola costa, dende A Cabana, A Graña, San Felipe, San Cristovo e Cariño terá saída pola DP-3608, o que implica converter esta vía na súa intersección coa estrada de Fontá (Doniños) nunha vía de sentido de circulación cara Valón. E no tramo San Felipe-Cariño esta vía será dun só sentido cara Cariño.

As estradas ao Cabo Prior e ao Cabo Prioriño quedarán pechadas ao tráfico rodado, agás para os residentes e vehículos de emerxencia.

RECOMENDACIÓNS PARA OBSERVAR A ECLIPSE CON SEGURIDADE

O Concello lembra que nunca se debe mirar directamente ao Sol sen protección, nin sequera durante as fases parciais da eclipse, xa que pode provocar lesións irreversibles na retina. Os expertos recomendan utilizarç exclusivamente lentes homologadas para a observación solar que cumpran a norma internacional.

Tamén se recomenda non observar a eclipse a través de cámaras, prismáticos ou telescopios sen filtros solares específicos, aínda que se leven postas as lentes homologadas, xa que estes instrumentos concentran a radiación solar eç poden causarç danos graves na visión.

Ademais das medidas de seguridade ocular, o Concello recomenda acudir aos puntos de observación con antelación, utilizar protección solar, levar auga e seguir en todo momento as indicacións dos efectivos de seguridade e emerxencias para que a xornada transcorra con normalidade.

Lea también

La Policía Local de Ferrol contará con nuevas herramientas digitales

El gobierno local de Ferrol ha dado luz verde a la contratación del Suministro, implantación, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *