“Sirât” proxéctase na contorna do albergue en Neda

A contorna do albergue de peregrinos acolle este xoves 13 de agosto, a segunda entrega do ciclo municipal “Cinema de verán”.

O Concello de Neda programará desta volta “Sirât”, película do director galego Oliver Laxe que foi candidata a dous Premios Oscar. A partir das 22:00 horas, quen se achegue a este punto do paseo marítimo terá a posibilidade de desfrutar dun dos éxitos máis recentes do cine español.

Un filme que que conta a historia dun pai que busca á súa filla desaparecida nunha rave en Marrocos. A cinta, gañadora de seis Goyas, conquistou ao xurado do Festival de Cannes 2025 e competiu nos Premios Oscar nas categoría de mellor película internacional e de mellor son.

A película, non recomendada para menores de 16 anos, vén a completar “Cinema de verán”, ciclo gratuíto que é froito da colaboración entre o Concello e máis a Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Lea también

El XI Chanfaina Lab cierra un fin de semana de rodajes con el ‘objetivo’ en los estrenos de febrero

Durante el fin de semana los cineastas recorrieron el territorio para rodar sus piezas, mientras los …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *