A amazona Vicky Burd fai historia co seu triunfo no Gran Premio Cidade de Ferrol

A inglesa Vicky Burd, a lombos de Nicolo, fai historia ao converterse na primeira amazona que se proclama vencedora no Gran Premio Cidade de Ferrol, proba raíña do Concurso Nacional de Salto*** que cumpre 35 anos.

Fuente Equiocio Ferrol /Ganadora GP Cidade de Ferrol

A deportista impúxose no desempate a outro dos grandes favoritos da edición, o portugués Ivo Carvalho, dúas veces gañador da proba. Amazona top a nivel europeo, foi unha das últimas incorporacións ao concurso e, dende o primeiro momento, coouse en todas as quinielas. Burd chegou, veu e venceu, completando un espectacular paso no seu debut en Equiocio Ferrol.

Así, ademais de imporse no GP, sobre altura de 1,40 m e baixo baremo A con cronómetro e desempate, a inglesa fíxose con outras dúas probas grandes (a de 1,30 do venres con Nicolo e a de 1,35 m do sábado con Unique D’Elbe).

Os favoritos da edición foron a por todas na competición estrela da edición, multiplicando as súas opcións ao saír a pista con ata tres cabalos. Competiron 15 binomios, sete xinetes e unha amazona. A gran triunfadora da 35 edición impúxose nunha rifada segunda manga, na que participaron tres binomios. O portugués Ivo Carvalho ocupou a segunda posición con Fandango e a terceira con Gaiato C.

Fuente Equiocio Ferrol/ Entrega trofeos GP Cidade de Ferrol

O concelleiro de Deportes de Ferrol, Ricardo Aldrey, acompañado pola concelleira de Turismo de Ferrol, María del Carmen García, e o presidente da Federación Hípica Galega, Federico Pérez Lago fixeron entrega dos galardóns.

Fuente Equiocio Ferrol/ Entrega trofeos GP Cidade de Ferrol

Resultados de Equiocio Ferrol (domingo 9 de agosto)

Proba Ponis A
Lucía González Blanco, con Bier
Sofía Brandon Carballo con India
Carlota Campos Loureiro con Top Hidalgo

Proba Ponis B
María González Blanco con Utika du Chigny
Emma Pérez Estraviz con Blacky Kili
Daniela Fernández Romeu, Whitediamond

Proba Ponis C
Antía Trincado Gómez con Identity D´Haryns
Irene Suárez Sanmartín con Guus
Emma Currás Casal con Victory Draliam

Proba de 0,50 m
15 primeiros ex aequo

Proba de 0,80 m
Gabriela León Leguía con Arabita
Ainhoa Freire Esmorís con Ópera
Noa Martínez Santalla con Richi

Proba de 1, 00 m
Valeria León Leguía con Darco Des Eygauds
Erika Ramos Torrente con Toundra D’Allou
Ana Alonso Expósito con Remondo de Olid & R

Proba de 1,10 m nacional
Zoe Abrate Sandez con Flamenco JGF
Candela López Gallego con Neitity JGF
José Andrés Tojeiro Baños con Simba Van de Fruitkorf

Proba de 1,10 m territorial
Alejandro Alonso Estévez con Calypso de Ris
José Luis Sánchez Fandiño con Ibsidam del Maset
Javier González Fraga con Converse JGF

Proba de 1,20 m
Joaquín Poves Gil con Vice city Blue PS
María González Blanco con Carla Columna
Javier González Fraga con Mylord JGF

Proba de 1,30 m
Joaquín Poves Gil con Ivet Lalova
Javier González Fraga con Cupido de Serra
Rolando Ravelo Acosta con Quintina Van Schore

GRAN PREMIO CIDADE DE FERROL (1,40 M)
Victoria Burd con Nicolo
Ivo Carvalho con Fandango C
Ivo Carvalho con Gaiato C

O certame contou na súa edición 35 aniversario como principais patrocinadores coa Xunta de Galicia, Turismo de Galicia, Concello de Ferrol, Deputación da Coruña, así como con Estrella Galicia, Gadis e Integral Motion. Hai que sumar ademais as colaboracións de Deporte Galego, JRilo, Federación Hípica Gallega, Piensos Pavo e a Comunidade de montes veciñais en man común Covas- Esmelle.

Lea también

El BAXI Ferrol presenta su equipación visitante para la EuroCup Women

El BAXI Ferrol ha presentado su nueva equipación visitante para la EuroCup Women, una camiseta …