O edificio do Picho, símbolo do feismo en Pontedeume xa é propiedade do Concello

Fot. arch.

O Concello de Pontedeume anuncia que xa é efectiva a compra do edificio abandonado ubicado na rúa Picho,
inicialmente proxectado como a urbanización Salgado Torres e un dos máximos expoñentes do feísmo na vila eumesa.  Dende o pasado xoves 25 de xuño, a estrutura, unha mole de ladrillo e hormigón  e o terreo son propiedade municipal.

«Estamos agora acabando de redactar o proxecto para a conversión deses terreos, cando se produza a demolición, nun parque cun miradoiro, hortas urbanas e un aparcadoiro» explica o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro.

O rexedor eumés sinala que «o proxecto de demolición xa está listo, e despois do verán será aprobada a partida económica para que o edificio sexa finalmente demolido. Entendemos que, en principio, polos prazos, que
dependen de autorizacións editoriais e demais, será ao longo do ano que vén«engade.

«Deste xeito rematamos con 50 anos de feísmo, melloramos moi notablemente o aspecto desta zona do municipio e creando unha nova área de ocio e de estacionamento que coidamos que será moi aprezada polos veciños e veciñas de Pontedeume» conclúe Fernández Piñeiro.

Lea también

A Deputación da Coruña impulsa o V Circuíto Provincial de Piragüismo en Augas Tranquilas

A competición, organizada en colaboración coa Federación Galega de Piragüismo, celébrase este verán en Betanzos, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *