A XII Camiño da Diversidade da Fundación Ingada percorre o tramo do Camiño Inglés Ferrol-Neda

Esta iniciativa, organizada en colaboración coa Fundación Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada), consolídase un ano máis como un espazo fundamental que combina o deporte, a convivencia, a cultura e a inclusión social.
 
Momento no baluarte de San Xoán, en Ferrol | Concello de Ferrol
 
A concelleira de Política Social e Inclusión de Ferrol, Rosa Martínez, e a de Educación, Patricia Cons, saudaron no baluarte de San Xoán aos participantes no XII Camiño da diversidade, unha iniciativa promovida pola Fundación Ingada que combina deporte e sensibilización social co TDAH e trastornos asociados a través do Camiño de Santiago.
 
Os participantes botáronse a percorrer a etapa do Camiño Inglés que parte de Ferrol e que ten chegada en Neda. “O Camiño fala de chegada, pero tamén de acollida e isto encaixa á perfección co espírito desta iniciativa. Ferrol é inicio de Camiño e implicándose nesta acción de Ingada está a dicir que temos que traballar por unha sociedade na que todos e cada un teñamos cabida de forma real e efectiva”, manifestou a concelleira Rosa Martínez. As representantes municipais felicitaron á Fundación Ingada polo seu labor e desexaron a todos un bo camiño.
 
Nesta ocasión, os participantes completaron con éxito o primeiro tramo do Camiño Inglés, conectando as localidades de Ferrol e Neda. A xornada discorreu nun ambiente de compañeirismo onde se puxeron en valor os beneficios da actividade física ao aire libre e o contacto co patrimonio cultural galego como ferramentas clave para o desenvolvemento persoal e a integración.
 
Foto de grupo en los jardines de San Francisco en Ferrol | Xunta
 
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, participaron tamén nesta doceava edición do Camiño da Diversidade
 
Durante o encontro, o director xeral destacou a importancia destas actividades para visibilizar as diferentes realidades sociais. Do mesmo xeito, definiu a marcha como unha oportunidade inmellorable para sensibilizar á sociedade acerca do respecto á diversidade, ao tempo que se reforzan os piares básicos da inclusión, a igualdade de oportunidades e o apoio mutuo.
 
Pola súa banda, a delegada territorial reafirmou o compromiso do Goberno galego con todas aquelas iniciativas que busquen mellorar a calidade de vida das persoas con TDAH e as súas familias, tendendo pontes cara a unha Galicia máis xusta e acolledora.
 

Lea también

Agenda para este sábado, día 27 de junio, en la zona norte y fiestas de San Pedro

LA FRASE DEL DÍA.-«Hemos aprendido a volar como los pájaros, a nadar como los peces, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *