Valdoviño autoriza a actividade de doce escolas de surf nas praias do municipio agás Campelo

Poderán levar a cabo a súa acción formativa nos areais durante todo o ano.

O Concello de Valdoviño vén de autorizar a actividade de doce escolas de surf nas praias do municipio, agás Campelo, que continúa reservada para a práctica do surf libre.

Coa correspondente notificación ás empresas, a Administración local concluía estes días o proceso administrativo iniciado hai xa meses, motivado polos cambios derivados polo traspaso das competencias en materia de ordenación e xestión do litoral do Goberno central ao autonómico.

Daquela o Concello solicitaba manter como ata ese momento a competencia para autorizar a ocupación e utilización dos terreos e benes de dominio público marítimo-terrestre mediante as instalacións e actividades descritas nun plan municipal de explotación dos servizos de tempada.

En paralelo, aprobaba tamén unhas novas bases reguladoras do procedemento de concesión de autorizacións. Os principais cambios foron a ampliación a 15 do tope de escolas autorizadas e a vixencia dos permisos, durante todo o ano, e por un exercicio ampliable. Mantense, iso si, a obrigatoriedade de impulsar accións de ámbito social, medio ambiental ou deportivo en beneficio da comunidade e de balde para a veciñanza de Valdoviño.

As escolas autorizadas son: Club Náutico As Forcadas, Ondas Novas, Carlos Lorenzo Gutiérrez, Ferrol Surf School, Alawa Surf School, Pantin Surf Camp, Asolas no Puntal, Valdo Surf School, Friends & Family Surf School, RSM Surf School, Layback Surfcamp y Camino Surf.

En todo caso, correspóndelle á Administración xeral do Estado a fixación do importe dos canones pola utilización ou aproveitamento do dominio público marítimo-terrestre, así como a titularidade dos dereitos económicos derivados da dita utilización ou aproveitamento. Isto é, o cobro de tasas.

Lea también

«Ascender fue la primera palabra que me vino a la mente cuando me llamó el Racing de Ferrol» (Javi Vázquez, nuevo entrenador)

M. V. En la mañana de este jueves comparecieron en la sala de prensa del …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *