Pontedeume acolle a VIII edición cantos de taberna

Os próximos 29 e 30 DE MAIOa asociación cultural Airiños do Eume, coa colaboración do Concello de Pontedeume, organiza a que será a oitava edición en Pontedeume dos Cantos de Taberna.

Foto archivo Pontedeume Cantos de Taberna 2025

Comezan as actividades o venres 29, co pasarrúas das escolas de de Airiños do Eume e do grupo Vai Rañala Meu, ademais dun Obradoiro de baile a cargo de Ismael García na Alameda de Raxoi

Xa o sábado, haberá a xornada principal dos Cantos de Taberna, engalanados dos anos 50 para o evento no que varios grupos de diferentes lugares da xeografía galega ambientarán as prazas e locais de hostalería da vila con pezas tradicionais populares ao longo do día, habendo dous pases: o primeiro, de 12:00 a 15:00 horas, e o segundo de 19:00 a 22:00 horas.

A xornada rematará, a continuación, cun Concerto do grupo Fiandola e o xa tradicional concurso de baile agarrado. O xantar común, que terá lugar tras o pase matutino e serve de nexo de unión entre os diferentes grupos, será este ano aberto ao público, xa que haberá unha gran churrascada e hamburguesas da Foodtrack Autga.

As agrupacións que participan do evento son as seguintes: No Cómbaro (As Pontes), Aquí e Alá (Outes), Silbarda (A Capela), Son de Cantos (Fene), Ledicia (Burela), Sacudebarrrighas (Sada), Macizas Centrais (A Pobra de Trives), Os Netos do Escribano (Ortegal), Sinensaio (Carral), Xermolos (Guitiriz), Os Feroces da Galgueira (As Pontes), Doladodosol (Abegondo), Os do 21 (O Vicedo), Vento Mareiro (A Coruña) e Airiños do Eume (Pontedeume).

Tamén o sábado, haberá un mercado de artesanía e alimentación no paseo de Raxoi.

Como se pode observar, nin variedade nin calidade musical van faltar para amenizar a que se agarda que sexa unha gran xornada de tradición galega na vila de Pontedeume.

Lea también

Valdoviño acolle o II obradoiro do programa de prevención do risco dixital «Medrando entre pantallas»

O auditorio da casa da cultura foi escenario do segundo obradoiro do programa de prevención …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *