“Un ataque máis que agrade directamente ao sector público que, ademais, está moi vencellado coa nosa comarca”. Así definiron onte a deputada no Parlamento, Beatriz Sestayo, e no Congreso, Paloma Rodríguez, o que está a acontencer coa Autoridade Portuaria de Ferrol e, en xeral, con toda a rede de Portos do Estado, cuxos traballadores e traballadoras temen polos seu convenio, que foi aprobado pero non validado pola Comisión Executiva da Comisión Interministerial de Retribucións (Cecir), que depende conxuntamente do Ministerio de Administracións Públicas e do Ministerio de Economía e Facenda.
As dúas responsables políticas acudiron á Autoridade Portuaria de Ferrol esta mesma mañá para escoitar as demandas dos empregados e empregadas que comezaron o peche e, así, trasladaron o total apoio ás súas reivindicacións, que hai que subliñar que foran pactadas pola plantilla e o director de Portos do Estado, José Llorca, con anterioridade. De feito, ademais de defender esta cuestión no eido local –as dúas son integrantes da Executiva Local do PSdeG-PSOE e incluso Sestayo é a súa secretaria xeral-, as dúas levarán estas reclamacións laborais ás respectivas Cámaras nas que desenvolven a súa actividade política a través de iniciativas parlementarias e preguntas aos respectivos responsables políticos do Partido Popular.
Tanto Sestayo como Rodríguez aseguraron que resulta “inadmisible” este novo ataque ao sector público que, como en moitos outros casos, ten nesta cidade e comarca unha especial trascendencia dado o volumen de traballo que ten a Autoridade Portuaria de Ferrol na zona.
“Defenderemos aos traballadores e traballadoras que fan do Porto de Ferrol e, en xeral, dos portos deste ente público un dos poucos sectores eficientes económicamente no eido estatal”, manifestaron as deputadas socialistas, que engadiron que “non consentiremos que se vulneren os dereitos do persoal de Portos”. “Esiximos que este sector, autosuficiente e rentable, se adique a crear emprego e a xestionar dun xeito eficaz as cuestións relacionadas con portos, como son a seguridade, o control do tráfico marítimo e terrestre, as emerxencias ou a policía portuaria”, subliñaron.