Exitoso I Encontro de Teatro Comunitario de Sedes, Narón, organizado pola A.C Vai Rañala Meu!

A Asociación Cultural Vai Rañala Meu! organizou este pasado domingo 19 de abril o Io Encontro de Teatro Comunitario de Sedes cun éxito abrumador.

O Centro Cívico Social de Sedes, voltou quedar pequeno para albergar o Io Encontro de Teatro Comunitario de Sedes que organizou a Asociación Cultural Vai Rañala Meu!, e no que participaron dúas compañías teatrais amadoras.

A actividade iniciouse ás 19:30 horas coa estrea do primeiro espectáculo da compañía anfitrioa, Teatro Vai Rañala, que levou a escena “Plasma Solar”, unha comedia baseada no mundo das terapias alternativas.

O segundo espectáculo, tamén estrea, chegou da man da Escola Municipal de Teatro de Moeche, que achegou a Sedes “Pepe Corleone” no que, en clave humor, presentaron unha representación do mundo da mafia italo-local.

Dende a organización anuncian que, tralo éxito desta primeira edición, repetiran a experiencia que deixou o centro cívico social sen cadeiras. Queren tamén facer fincapé como a colaboración entre pequenas entidades crean grandes experiencias que enriquecen a vida comunitaria, sobre todo das zonas rurais onde é máis difícil que cheguen os recursos culturais.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural Vai Rañala Meu! e conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Lea también

Detenidos 3 hombres en Narón a los que intervinieron un kilo de cocaína, una pistola y 255.000 euros

La Policía Nacional, tras las investigaciones realizadas, ha detenido en Narón a tres varones como …