O BNG de Narón propón converter os lavadoiros en centros de memoria etnográfica e un tributo ás mulleres

O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Narón conseguiu o ditame favorable na comisión informativa para a súa moción sobre a posta en valor das fontes e lavadoiros do concello. A proposta, que debese ser ratificada no pleno do mes de abril, busca dar un paso definitivo para evitar que este patrimonio caia no esquecemento e na ruína.

A voceira nacionalista, Olaia Ledo Díaz, defende que estes elementos da arquitectura popular son "os arquivos da memoria etnográfica das mulleres de Narón". A moción subliña que a recuperación física —limpeza e mantemento— debe ir acompañada dun contido social que renda tributo ao traballo historicamente invisibilizado das mulleres.

O BNG xa presentara unha moción no 2023 para a súa conservación e tres anos despois faino cun programa de posta en valor “por desgraza nestes tres anos perdeuse a oportunidade de coidalos, a meirande parte deles son inaccesíbeis ou están comidos polo mato a pesar dos esforzos da veciñanza das parroquias por mantelos” declara Ledo.

O acordo inclúe tres eixes fundamentais para transformar estes espazos en museos vivos ao aire libre: dinamización Cultural (transformar os lavadoiros en espazos de divulgación histórica e centros de interpretación, Sinalética con Memoria (instalación de paneis con fotografías antigas, códigos QR con contido audiovisual e testemuños directos das veciñas sobre a vida comunitaria nestes puntos de encontro e, Obradoiros Interxeracionais, (realización de xornadas de recollida de memoria oral nas parroquias para documentar a historia non escrita de Narón, implicando tanto á xente nova comoç aos maiores)

“O obxectivo final é crear unha Ruta da Memoria que percorra todo o territorio de Narón, poñendo en valor a nosa propia historia dende as súas raíces ademais actualizar o mapa actual do concello que, despois de falar coas veciñas e veciños puidemos comprobar que estáç incompleto.

Concellos do BNG xa teñen feito este traballo con fodos e axudas preparadas para este fin polo que parte económica non pode ser escusa e se a poñen que den un paso ao lado e deixen traballar a quen temos ideas”

Lea también

El BNG exige al Gobierno parar el desahucio de una familia en un edificio de la Sareb en Narón

El diputado del BNG en el Congreso, Néstor Rego, ha pedido este sábado al Gobierno …