Xornada monográfica “500 anos Carabela San Lesmes” en Exponav

O vindeiro 9 de abril ás 19:00 horas a Delegación Territorial en Galicia do Colexio e Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, ten previsto organizar a xornada monográfica “500 anos Carabela San Lesmes”.

A xornada, subvencionada pola Deputación da Coruña, estará dirixida polo autor do libro “500 anos Carabela San Lesmes”, Luis Gorrochategui Santos, quen ofrecerá un percorrido histórico a través desta expedición e mostrará un novo enfoque sobre a historia da exploración española e o seu impacto nas illas do Pacífico.

Luis Gorrochategui Santos é un escritor e historiador español, graduado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Barcelona que compatibilizou a súa labor docente na enseñanza media coa investigación histórica e naval. Publicou máis de 200 artículos en periódicos (ABC, Él Debate, La Voz de Galicia, La Opinión A Coruña…), en revistas (Nalgures, Lea Aventura de lana Historia, Muy Historia Clío, Restauro…) e en varias obras colectivas.

Esta xornada está aberta a Enxeñeiros navais, e público en xeral interesado na materia ata completar aforo, a través do seguiente Formulario de inscripción

O prazo para a inscrición remata o vindeiro mércores 8 de abril, ás 23:59 horas. A xornada levarase a cabo na Sala Carlos III de EXPONAV a partires das 19:00 horas.

Lea también

Exponav acoge una conferencia magistral sobre la influencia de Álvaro de Bazán en la construcción naval del siglo XVI

    El museo de la Construcción Naval de Ferrol (EXPONAV) será escenario hoy miércoles …