O BNG esixe ao alcalde de Ferrol que deixe de amparar a postura da SEPI

BNGO Bloque Nacionalista Galego de Ferrol esixiu onte ao alcalde da cidade, Rey Varela, que deixe de amparar a postura da SEPI no referente ao sector naval na cidade que se limita a crear unhas expectativas de carga de traballo que non chegan a materializarse. A cidade de Ferrol non se pode permitir máis declaracións de intencións, comisións de seguimentos e promesas incumpridas que estan a levar ao sector estratéxico da cidade cara o seu desmantelamento.

Iván Rivas, portavoz municipal do BNG, sinalou que compre dar unha resposta política contundente que permita a consecución das principais demandas do sector naval de Ferrolterra: que se tomen as decisións concretas para o levantamento do veto á construción naval civil, a consignación de orzamento para a construción do dique flotante e se efectivicen os contratos con PEMEX, se é que realmente existen tal e como afirmou publicamente o propio Rey Varela.

O portavoz nacionalista, considera que é preciso actuar co obxectivo de conseguir o levantamento do veto à construción naval civil antes de 2015 e preparar os estaleiros para desenvolver a súa actividade no sector naval civil xa que calquera tipo de proposta para reactivar o sector na cidade esta condicionada por esta limitación política, tal como o mesmo presidente da SEPI ten recoñecido ao vincular a viabilidade do Dique Flotante coa existencia deste veto, ou mesmo ao encadrar a construción dos floteis dentro do cupo do 20% de construción civil que se lle permite a Navantia.

O BNG considera que Rey Varela se limita a lanzar mensaxes baleiros de contido, a promover a aprobación de reiteradas Declaracións Institucionais que nunca se materializan ou a avalar as reunións das comisións de seguimento creadas a respecto do dique flotante cuxo obxectivo demostrase que non era outro que alongar no tempo a situación de parálise na que se atopa a construción naval na comarca.

 

 

 

Lea también

Los trabajadores de Navantia Ferrol votaron paralizar los trabajos de aceros de las F-110

Los operarios de Navantia Ferrol han aprobado este miércoles, mediante un referéndum con voto en …